miniatura casa do patrón.png

Visita do primeiro ciclo á Casa do Patrón (Lalín)

O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria realizou unha excursión á Casa do Patrón, un museo etnográfico situado en Lalín que conta cunha ampla colección de pezas e espazos que recrean a vida tradicional galega.

Durante a visita, as nenas e nenos tiveron a oportunidade de participar en dous obradoiros moi especiais: un de elaboración de pan, onde amosaron as súas habilidades amansando a masa, e outro de xogos populares, no que descubriron xogos tradicionais ao aire libre e pasárono en grande.

A xornada completouse cun percorrido polo museo etnográfico.