“Cambiando o conto” con 5ºA e 5ºB
O alumnado de 5ºA e 5ºB participou no obradoiro "Cambiando o conto", unha actividade que convida a reflexionar sobre os estereotipos de xénero presentes nos contos tradicionais.
A través de vídeos, dinámicas e espazos de diálogo, fomentouse unha actitude crítica ante os roles impostos desde a infancia e promoverase a igualdade como valor fundamental. A educación é unha ferramenta clave para cambiar a realidade, e este obradoiro pretende ofrecer ao alumnado ferramentas para recoñecer e cuestionar as crenzas estereotipadas que inflúen na sociedade actual.
Máis información Asociación Visibles