Espectáculo de Monicreques: A TETEIRA DE KABUL
O alumnado de 5º de Educación Primaria terá a oportunidade de asistir a A Teteira de Kabul, unha obra de teatro de obxectos e monicreques creada por Xarope Tulú S.C.. Esta peza aborda o valor da paz a través da historia de Mina, unha nena afgá que debe fuxir do seu fogar debido á guerra.
Durante a súa longa viaxe, Mina descubrirá a beleza do camiño grazas ás historias que lle conta a súa nai, gardadas simbolicamente nunha teteira. A obra, inspirada na vida da escritora afgá Nadia Ghulam, está baseada no conto homónimo de Carolina Pujadas e é unha coprodución de Xarope Tulú coa ONGD Asemblea de Cooperación pola Paz.
Ademais o alumnado paseou arredor das catro prazas da Catedral de Santiago de Compostela e visitaron tamén a Praza de Abastos.
Duración: 45 minutos
Lingua: Galego
Para máis información, visita a páxina oficial do evento aquí.