Saída pola contorna do alumnado de Educación Infantil
Para despedir o curso dunha forma especial, o alumnado de Educación Infantil realizou unha saída pola contorna do centro. Durante o paseo, as nenas e nenos puideron explorar os espazos naturais máis próximos, observar a natureza e compartir momentos divertidos coas súas compañeiras e compañeiros.
Esta actividade permitiu traballar aspectos como a observación, o respecto polo medio, a autonomía e a convivencia, nun ambiente relaxado e motivador. A xornada foi todo un éxito!