Yau Lluvia de emociones.png

Espectáculo Familiar: YAU, LLUVIA DE EMOCIONES

"Yau, lluvia de emociones" é unha creación que xorde da necesidade dos seus artistas por explorar as artes escénicas —música, danza e teatro— especialmente enfocadas á primeira infancia. A obra destaca polo talento e destreza dos artistas, que conseguiron crear unha historia a través da música e da danza, sen utilizar a palabra.

Este espectáculo, pensado para nenos e adultos, evita caer en infantilismos e ofrece unha experiencia versátil e atractiva para todo tipo de públicos, facendo que tanto os máis pequenos como os seus acompañantes poidan disfrutar e emocionarse con cada momento.

Para máis información, pódese visitar a páxina oficial do evento aquí.