xogos de mesa.png

Xogos de mesa feitos polo alumnado de 4º de EP

O alumnado de 4º de Educación Primaria participou activamente na creación de diversos xogos de mesa no marco da materia de Proxecto Competencial. Durante esta actividade, deseñaron e construíron con creatividade e colaboración xogos como o futbolín, billar, xadrez...

Esta experiencia permitiulles desenvolver habilidades manuais, cooperativas e de resolución de problemas, demostrando a súa capacidade para aplicar coñecementos en contextos reais e significativos.