Visita á Granxa Escola Coventina
O alumnado de Educación Infantil realizou unha saída didáctica á Granxa Escola Coventina, onde puideron descubrir de primeira man o mundo rural, coñecer os animais da granxa, participar en obradoiros e gozar dun día de aprendizaxes ao aire libre.
Foi unha xornada chea de emocións, contacto coa natureza e moita diversión. Agradecemos a acollida e o bo facer de todo o equipo da granxa.
Podedes coñecer máis sobre este espazo educativo visitando a súa páxina web: coventinagranxaescola.es