O alumnado de 4ºA e 4ºC visita a exposición "Castelao Grafista"
Esta semana, o alumnado de 4ºA e 4ºC de Educación Primaria realizou unha saída para visitar a exposición "Castelao Grafista", unha mostra que amosa a faceta máis artística e visual dun dos grandes referentes da cultura galega.
Durante a visita, as nenas e nenos tiveron ocasión de coñecer de preto a obra gráfica de Castelao e tamén de participar en obradoiros interactivos nos que empregaron a placa MakeyMakey e a aplicación Scratch, combinando arte e tecnoloxía dun xeito lúdico e didáctico.