miniatura O grande Beethoven.png

Concerto Didáctico: O GRANDE BEETHOVEN

O alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria participará nun concerto educativo presentado pola Real Filharmonía de Galicia, en colaboración co Serviço Educativo da Casa da Música de Porto. Dirixido por Maria Camila Barbosa, xunto coa actriz e música Sofia Nereida Pinto e o actor e músico António Miguel Teixeira, esta actuación ofrece unha inmersión no mundo de Beethoven, o xenial compositor alemán.

O Grande Beethoven conta a historia deste compositor, destacando a súa personalidade inconformista e os segredos detrás do seu carácter e da súa música. A través desta obra, o alumnado descubrirá o funcionamento da orquestra sinfónica moderna mentres escoitan pezas deste icónico autor.

 

Para máis información, pódese visitar a páxina oficial do evento aquí.

Guía didáctica aquí