miniatura infancia.png

 

 

Educación Infantil colabora coa iniciativa de recollida de libros para alumnado afectado pola DANA

Desde o ciclo de Educación Infantil, participamos activamente na iniciativa do envío de libros destinada ao alumnado afectado pola DANA en Valencia.

Estes libros serán repartidos o día 23 como parte das actividades para conmemorar o Día da Infancia. Esta acción solidaria ten como obxectivo apoiar ás familias e estudantes afectados polos recentes desastres naturais, proporcionándolles materiais educativos que contribúan á súa recuperación.

Grazas a todos por sumar esforzos nesta causa!

Pero que é o Día da Infancia

 

Día da Infancia

Que é o Día da Infancia?

O Día da Infancia, tamén coñecido como o Día Universal da Infancia, celébrase cada ano o 20 de novembro. Foi establecido polas Nacións Unidas para conmemorar dous feitos históricos:

  • A adopción da Declaración dos Dereitos do Neno en 1959.
  • A aprobación da Convención sobre os Dereitos do Neno en 1989.

Que se celebra?

No Día da Infancia celebramos:

  • Os dereitos da infancia: como o dereito á educación, á saúde, ao xogo e á protección contra a violencia e discriminación.
  • A importancia do benestar: promovendo políticas para o desenvolvemento pleno de nenos e nenas.
  • Unha chamada á acción global: para combater problemas como a pobreza e a falta de acceso á educación.

Contido multimedia

Descargar Día do pixama.mp4 [56.5MB]
Details

Genially do Día da Infancia

Os dereitos das nenas e dos nenos