Charla de Meteoroloxía para 4ºA e 4ºC
O alumnado de 4ºA e 4ºC de Educación Primaria participou hoxe nunha interesante charla sobre meteoroloxía na que puideron aprender aspectos fundamentais sobre o clima, os fenómenos atmosféricos e os instrumentos utilizados para medir as condicións meteorolóxicas. Grazas a Diego Viaño pola súa intervención co noso alumnado.