miniatura brandomil.png

Excursión a Brandomil: achegámonos ao noso pasado romano

O alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria realizou unha saída moi especial ao xacemento romano de Brandomil, no concello de Zas. Esta actividade permitiulles coñecer de primeira man a pegada que a cultura romana deixou na nosa contorna máis próxima.

Durante a visita, e tras a recepción do alcalde, o alumnado participou nun roteiro guiado polo antigo asentamento, onde descubriron restos arqueolóxicos e escoitaron curiosidades sobre a vida na época romana. Ademais, tiveron a oportunidade de participar nalgún obradoiro didáctico.