Polos Creativos - Cortadora Láser
No noso centro educativo comezamos a traballar cunha cortadora láser, unha ferramenta que nos permitirá crear, personalizar e experimentar con materiais como madeira, cartón ou metacrilato. Este espazo servirá para compartir algúns dos proxectos que iremos desenvolvendo e os avances do alumnado neste novo mundo do deseño e fabricación dixital.
Estade atentos/as... A creatividade está a punto de acenderse!