Obradoiro de Acceso a Aulas Virtuais
Neste apartado atoparás toda a información en relación ao obradoiro de acceso a aulas virtuais no noso centro.
Que imos aprender?
O alumnado aprenderá a:
- Coñecer e manexar navegadores de internet máis utilizados.
- Explorar a web do centro e atopar información relevante (aula virtual).
- Acceder ás aulas virtuais de forma autónoma.
- Crear contrasinais seguros para protexer a súa información.
- Practicar boas condutas na rede, como o que facer se atopan unha conta allea aberta.
Como o facemos?
O obradoiro está dirixido ao alumnado de 3º e 4º curso, realizándose unha sesión para cada unha das aulas: 3ºA, 3ºB, 4ºA, 4ºB e 4ºC.
Persoa coordinadora do obradoiro:
Bienvenido Suárez Suárez
Detalles:
Participantes: Preto de 100 alumnos de 3º e 4º curso de Educación Primaria.
Número de sesións: 5 sesións (unha por aula).