Obradoiros de Microscopio Dixital e Xenética
Neste apartado atoparás toda a información en relación aos obradoiros de microscopía dixital e xenética no noso centro.
Que imos aprender?
O alumnado aprenderá a utilizar o microscopio dixital para observar diferentes mostras en placas (biolóxicas ou doutro tipo). Ademais, realizarán actividades sobre xenética, onde abordaremos temas como a herdanza xenética e a variabilidade entre individuos.
Como o facemos?
O obradoiro estará dirixido ao alumnado de 5º curso. Participarán 50 alumnos que terán a oportunidade de traballar en pequenos grupos, manexando o microscopio e levando a cabo experiencias prácticas que lles permitan explorar os conceptos de xenética de maneira visual e interactiva.
Detalles:
Participantes: 50 alumnos de 5º curso.
Número de sesións: A definir segundo a planificación do curso.
5ºB - 04/10/24 - Microscopio dixital
MATANDO A NOSA CURIOSIDADE
"Matamos a nosa curiosidade!"
O alumnado de 5º de Primaria participou en dúas sesións moi especiais, os días venres 13 de decembro e martes 17 de decembro, onde exploraron todo tipo de elementos que eles e elas mesmas trouxeron da casa.
Vimos de todo... ¡ata un fungo de levadura! Foi unha experiencia única para aprender e investigar a través da curiosidade e da observación directa.