Polos Creativos en Acción
Estamos encantados de anunciar unha nova iniciativa no noso centro: un carro de materiais que rotará polas aulas de Educación Infantil para fomentar a creatividade e o aprendizaxe práctico.
Este carro inclúe unha variedade de recursos adaptados para estimular a curiosidade e a aprendizaxe dos máis pequenos, entre os que destacamos:
- Bloques Kapla: Ideais para o desenvolvemento do equilibrio e a imaxinación.
- Robots EARL2: Para unha primeira aproximación ao mundo da robótica e programación.
- Bloques de Lego: Perfectos para proxectos creativos e traballo colaborativo.
- E moitos outros materiais interesantes e divertidos!
Co carro de materiais, queremos transformar as aulas en espazos de aprendizaxe dinámico e creativo. Estamos seguros de que será un éxito!
¡Imos construir, explorar e aprender xuntas e xuntos!