Obradoiro de Chroma e Edición de Vídeo con Kdenlive
Neste apartado atoparás toda a información en relación ao obradoiro de chroma e edición de vídeo co alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria no noso centro.
Que imos aprender?
O alumnado aprenderá a:
- Gravar vídeos utilizando as táblets dos Polos Creativos.
- Descargar os vídeos aos ordenadores para a súa edición.
- Empregar o programa de edición Kdenlive para:
- Facer cortes nos clips.
- Engadir títulos.
- Buscar e inserir música sen copyright, atribuíndo correctamente os dereitos de autoría.
- Aplicar a técnica de chroma key.
- Recoñecer as cores a evitar para gravacións con chroma.
- Mellorar a iluminación para obter un mellor resultado nos vídeos.
Como o facemos?
O obradoiro está dirixido a alumnado voluntario de 5º e 6º curso de Educación Primaria, organizados en grupos de 8 participantes.
Asistirán en días alternos: luns e venres, ata completar todos os grupos que queiran anotarse.
Cada grupo realizará dúas sesións:
- Sesión 1: Gravación de vídeos coas táblets dos Polos Creativos, consellos sobre iluminación e uso do chroma, descarga dos vídeos aos PCs.
- Sesión 2: Edición dos vídeos con Kdenlive, engadido de títulos, cortes, busca de música libre de dereitos, inserción e atribución de autoría.
Este alumnado pasará a ser encargado da montaxe dos vídeos que sexan necesarios para o noso centro educativo.
Persoa coordinadora e executora do obradoiro:
Bienvenido Suárez Suárez
Detalles:
- Participantes: Alumnado voluntario de 5º e 6º curso de Educación Primaria.
- Número de participantes: 32
- Número de sesións por grupo: 2.
- Días de realización: Luns e venres.
Unha viaxe no tempo
O bocadillo espacial
O cumpleanos máis insano
Ficheiro PDF
VIDEOTITORIAIS
Como descargar os nosos clips de vídeo das táblets de Polos Creativos
Como descargar música gratis de Fifty Sounds - Atribución de dereitos
Edición de vídeo con KDE Live - Técnica de Chroma Key
GALERÍAS DE IMAXES