Charlas do Plan Director
Redes Sociais e Pegada Dixital
Durante os días 24 e 25 de abril de 2025, o noso centro acollerá unhas charlas enmarcadas dentro do Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos.
Quen participou?
As sesións estarán dirixidas ao alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria:
- 5ºA e 5ºB: xoves 24 de abril, 2ª hora (10:20 - 11:10)
- 6ºA, 6ºB e 6ºC: venres 25 de abril, 2ª hora (10:20 - 11:10)
En total, participarán 113 alumnos e alumnas.
Que traballaron nas charlas?
Estas sesións, impartidas por membros da Garda Civil, terán como obxectivo sensibilizar ao alumnado sobre os riscos asociados ao uso de internet e as redes sociais. Entre os temas tratados estarán:
- Uso responsable das redes sociais.
- Seguridade e privacidade en liña.
- Consecuencias da pegada dixital.
- Consellos para unha navegación segura.
Un paso máis pola convivencia e a seguridade
Dende o centro e o equipo de Polos Creativos, agradecemos a colaboración da Garda Civil e a implicación de todo o alumnado nesta iniciativa.
Organización da actividade
MODIFICACIÓN DE DATAS PARA 5º EP
Informamos que debido á falta de dispoñibilidade da persoa ponente da Garda Civil, queda adiada a charla prevista para o alumnado de 5º curso o xoves 24 de abril.
A nova data será comunicada tan pronto como sexa confirmada.
As demais charlas mantéñense sen cambios, tal como se recollían no calendario da actividade que pode ser consultado no apartado anterior.