VII Carreira Solidaria do Barrié
O pasado mes de xuño celebramos a VII edición da Carreira Solidaria do CEIP Plurilingüe Barrié de la Maza, un evento que encheu de alegría, esforzo e solidariedade o noso centro. Alumnado, profesorado e familias sumáronse a esta iniciativa deportiva cunha finalidade moi especial: colaborar coa Fundación Unoentrecienmil, que loita contra a leucemia infantil.
Grazas á participación e colaboración de toda a comunidade educativa, conseguimos recadar a incrible cifra de:
1911,18 euros
Dende o centro queremos agradecer a implicación de todas as persoas que fixeron posible esta carreira solidaria. É un orgullo contar cun alumnado tan comprometido e cunha comunidade tan solidaria.