Consulta as clasificacións:
http://ranking.atletismo.gal/online/2025/Santiago/2025-01-16%20Cross/
Na proba de cros escolar celebrada onte, o noso centro acadou excelentes resultados:
- Clasificación por equipos: o equipo alevín masculino, formado por alumnado de 4º e 5º curso, clasificouse para a seguinte fase.
Clasificación individual: parabéns a Alba Rugido, Joel Fraga, Miguel Negreira e Iria Negreira Martínez, que tamén lograron a clasificación individual.
PARABÉNS!
O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria do noso centro participará na carreira de campo a través que se celebrará en Negreira.
Animamos a todo o alumnado a gozar desta actividade deportiva e a dar o mellor de si mesmo. Moita sorte a todos e todas!