Andainas en colaboración co Concello de Santa Comba
Os días 2 e 3 de abril realizáronse unhas andainas pola contorna do centro en colaboración co Concello de Santa Comba:
- O mércores 2 de abril, participou o alumnado de Educación Infantil, 1º e 2º de Primaria, nun percorrido de aproximadamente 1,5 km.
- O xoves 3 de abril, foi a quenda do alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria, cunha andaina de menos de 5 km.
As saídas tiveron lugar ás 11:00 h e contaron cunha excelente acollida por parte do alumnado. Foi unha actividade lúdica, saudable e de convivencia, na que se promoveu o coñecemento da contorna próxima.