Continuamos co proxecto DAFIS no noso centro
Por décimo primeiro curso consecutivo, seguimos participando no proxecto DAFIS (Datos sobre a Avaliación da Actividade Física Saudable).
Como en anos anteriores, xa comezamos a pasar a batería de probas ao alumnado. Ademais, iniciamos tamén a realización das medidas antropométricas con todo o alumnado do centro.
Agradecemos a implicación de toda a comunidade educativa nesta iniciativa para promover hábitos de vida saudables.