Galería de imaxes
Charla e práctica de Surf para o alumnado de 5º de EP
Este martes, 6 de maio, o alumnado de 5º de Educación Primaria participou nunha interesante charla e práctica introdutoria sobre o Surf, na que aprenderon os fundamentos básicos deste deporte.
O vindeiro venres 9 de maio, o grupo desprazarase ata a praia de Razo, onde poderán poñer en práctica todo o aprendido e gozar dunha experiencia directa sobre a táboa.