Participamos no programa Tenis na Escola!
Dentro do Proxecto de Vida Activa e Deportiva, estamos a participar no programa Tenis na Escola en colaboración coa Federación de Tenis. Esta iniciativa permítenos achegar o tenis ao noso alumnado dunha maneira lúdica e educativa.
Os nenos e nenas de 5º e 6º de Educación Primaria están a levar á práctica unha unidade didáctica durante as clases de Educación Física, empregando o material proporcionado pola Federación.
Con esta actividade fomentamos a coordinación, a motricidade e o traballo en equipo, promovendo hábitos saudables e o gusto polo deporte. Seguiremos a compartir máis novidades sobre este proxecto!