Falamos do 50 aniversario do Barrié en "Na Encrucillada"
Esta semana tivemos a sorte de participar no programa de radio Na Encrucillada, presentado por Xosé Manuel Lema, quen nos brindou a oportunidade de falar sobre o 50 aniversario do noso centro educativo.
No programa, María Dolores Nieto, Fernando Pintos, Manuel López Tuñas e César Ramos compartiron ideas, propostas e reflexións sobre a historia do CEIP Plurilingüe Barrié de la Maza, repasando momentos significativos e destacando os valores que acompañaron á nosa comunidade educativa ao longo destas cinco décadas.
Queremos agradecer especialmente a Xosé Manuel Lema pola súa invitación e por darnos visibilidade nun espazo tan recoñecido.