50 aniversario

O director do centro César Ramos e Manolo López visitan Radio Negreira para falar do 50 aniversario

O director do centro César Ramos e Manolo López visitan Radio Negreira para falar do 50 aniversario

Celebramos o 50 aniversario coa Comunidade Educativa

Celebramos o 50 aniversario coa Comunidade Educativa

Celebración 50 aniversario co alumnado

Celebración 50 aniversario co alumnado

Himno para conmemorar o 50 aniversario do Barrié e vídeomontaxe

Himno para conmemorar o 50 aniversario do Barrié e vídeomontaxe

50 aniversario Na Encrucillada

50 aniversario Na Encrucillada

24 de maio: festa do 50 aniversario do Barrié

Gañadora concurso himno 50 aniversario

Gañadora concurso himno 50 aniversario

Visita de Manuel López Tuñas e Manuel Gómez Turnes, antigos mestres do Barrié

Visita de Manuel López Tuñas e Manuel Gómez Turnes, antigos mestres do Barrié

Banner.png

Cartel da celebración

Details

INFORMACIÓN DAS ACTIVIDADES

O Barrié celebra 50 anos de Historia.

Os actos conmemorativos terán lugar o venres 23 e o sábado 24 de maio.

O venres será unha celebración na que participará todo o alumnado e profesorado do Barrié. Será unha xornada festiva na que tanto docentes como discentes gozarán coa actuación de https://pakolas.com/, inchables e se creará unha “cápsula do tempo” con documentación actual con miras de que sexa descuberta polo alumnado e profesorado de maio do ano 2050.

Sábado 24 de maio – Acto institucional do 50 aniversario do CEIP Plurilingüe Barrié de la Maza - Santa Comba

O sábado celebrarase un acto formal no CEIP Plurilingüe Barrié de la Maza con motivo do seu 50 aniversario. Comezará ás 12:30 h e incluirá intervencións de autoridades, antigos mestres e mestras, representantes da comunidade educativa e actuacións musicais. Ao remate, realizarase unha visita á exposición fotográfica con fotos destas cinco décadas de historia do colexio e celebrarase un xantar de confraternización no pavillón do centro.

Xantar conmemorativo

Inclúe:

  • Aperitivo en mesa cada 4 personas:

  • 1 racion de pulpo

  • 1 táboa de embutidos

  • 1 táboa de queixos
    Despois

  • 1 racion de empanada

  • Carne ao caldeiro

  • Sobremesa e café

 

  • Prezo persoas adultas: 36 €

  • Escolares ata 12 anos: 20 €

  • Menores de 5 anos: GRATIS (pero deben retirar igualmente o ticket)

Data límite para mercar os tickets: martes 20 de maio

 

É imprescindible retirar os tickets antes da data indicada, mesmo no caso dos menores de 5 anos que teñen o menú gratuíto. Isto é necesario para organizar correctamente o evento.

A venda de tickets para a participación no xantar será xestionada a través da ANPA XALLAS, colaboradora na organziación deste acto.

No propio acto escoitarase o HIMNO DO 50 ANIVERSARIO DO BARRIÉ cuxa letra é autoría da alumna Clara Brenlla de 5º Curso de Primaria (gañadora do concurso para a elcción da letra) e musicado por Emilio Lois, coñecido músico xalleiro exalumno do Barrié

O evento rematará con diferentes actuacións musicais de agrupacións locais.



Agradecemos, asemade, a aquelas empresas que colaboraron de forma económica co colexio para poder organizar este evento:

  • Editorial Santillana, Elmega, Disjafer, Frutas Salgado, Secundino Docampo e Corzan S. L.

     

Desde o CEIP Plurilingüe Barrié de la Maza animamos a participar a toda a cidadanía en especial a toda a xente que dalgunha ou outra forma formou parte da comunidade educativa do colexio nestes dez lustros de historia.