Texto
Acto institucional polo 50º Aniversario do CEIP Plurilingüe Barrié de la Maza
O sábado 24 de maio celebramos no noso centro un acto institucional con motivo do 50º aniversario do CEIP Plurilingüe Barrié de la Maza.
Durante o acto contouse coas intervencións de autoridades, antigos mestres e mestras, representantes da comunidade educativa, así como actuacións musicais en directo. Foi unha ocasión moi especial para reencontrarnos e lembrar xuntos estas cinco décadas de historia compartida.
Ao rematar o acto formal, realizouse unha visita á exposición fotográfica con imaxes representativas da historia do colexio, seguida dun xantar de confraternización no pavillón do centro.
No propio acto escoitouse o Himno do 50º Aniversario do Barrié, con letra da alumna Clara Brenlla (5º curso de Primaria) e música de Emilio Lois, recoñecido músico xalleiro e exalumno do centro.
Agradecementos
Queremos agradecer ás empresas que colaboraron economicamente para facer posible este evento:
- Editorial Santillana
- Elmega
- Disjafer
- Frutas Salgado
- Secundino Docampo
- Corzan S.L.
Desde o CEIP Plurilingüe Barrié de la Maza animamos a toda a cidadanía, e en especial a todas as persoas que formaron parte da nosa comunidade educativa, a acompañarnos nesta celebración tan significativa.