Temos unha gran nova que compartir. O equipo de actividades complementarias e extraescolares decidiu, por unanimidade, a gañadora da actividade de selección do himno do noso 50 aniversario. A alumna de 5º B foi a elixida grazas á súa marabillosa letra!
Moitas grazas a todo o alumnado que participou nesta actividade. Seguiremos informando sobre os avances deste proxecto tan especial!