O 15 de decembro de 2015 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas proclamou o 11 de febreiro Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, convidando a que se organizasen actividades de educación e sensibilización pública que axudasen a lograr unha maior participación e progreso das mulleres e as nenas na ciencia.
Na páxina Web 11defebrero.org contades con numerosas mostras de información e recursos, que pretenden visibilizar o traballo das mulleres que se dedican ás áreas STEM (Science, Technology, Engineering and Mathematics), creando así referentes femininos para a infancia que poidan contribuír á elección destas áreas como carreiras profesionais. Algúns exemplos de materiais son: presentacións de mulleres pioneiras no ámbito científico, ilustracións, posters, calendarios científicos e materiais singulares. Dentro destes materiais singulares podedes atopar: marcapáxinas, coleccións de viñetas, cientificartas, sopas de letras, gymkanas, vídeos, audios, propostas didácticas, biografías…
A continuación deixámosvos algúns exemplos de recursos que podedes decargar da Web: 11defebrero.org.
Calendario Científico Escolar 2025
Tabla Periódica das Científicas.pdf
Premios Nobel en feminino.pdf
Tamén podedes ampliar información na páxina Mujeres con Ciencia e atopar unha selección de libros informativos sobre ciencia en lingua galega, propostos desde Bibliotecas Escolares de Galicia, no Pinterest Ciencia en Galego nas Bibliotecas Escolares.