Obradoiro de Origami
A técnica do origami pode ser empregada para potenciar a memoria de traballo, a comprensión de instrucións, a atención, etc. Ofrécense algúns tutoriais moi sinxelos para que o alumnado cree os seus personaxes favoritos.
Pikachu de origami moi sinxelos (papel cadrado). O personaxe resultante é un cubo que se pode decorar.
Caracol. Parecido ó anterior, máis realista, pero tamén máis complicado.
Personaxes de origami (avanzado, tiras de papel de 1.5 cm de ancho -A4-). Máis realista ca o anterior. Pódense crear prendas de roupa e peinados.
Personaxes de origami (avanzado, modular). As pezas con fáciles, pero resulta moi difícil de montar)
Fontes tipográficas para simplificar a lectura
Fontes "palo seco"
A investigación, mediante o estudo do "eye tracking" indica que as fontes "palo seco" ou "san serif" facilitan a lectura para todas as persoas, incluídas as persoas con dificultades específicas da lectura. O tamaño ideal para optimizar a comprensión é de 14 puntos. Exemplos de fontes de este tipo son calquera denominada "san serif", como "Open Sans", "Arial", "Helvetica", etc. A vantaxe de usar estas fontes é que xa veñen instaladas nos programas.
Fonte "Open Dyslexic"
Esta fonte foi especialmente deseñada para dar resposta a aquelas características das letras que poden impedir a comprensión de textos. Aínda que non existe investigación suficiente para demostrar que realmente marque unha gran diferenza, hai un grupo de persoas que aseguran que lles fai a lectura máis doada. Desde logo, o seu uso non afectará negativamente á comprensión. Unha contrapartida, é que resulta necesaria a súa instalación, porque non adoita ser incluída nos sistemas operativos.
GNU/Linux
Para instalar esta fonte tipográfica, o primeiro é descargar este ficheiro, despois de descomprimilo cópianse os ficheiros otf que interesen na carpeta /usr/share/fonts/opentype. Por último tecléase o comando "sudo fc-cache -f -v".
Windows
Fai doble click no ficheiro e segue as instrucións.
Ficheiro descarga
-
Descargar Rutinas de pensamento de Lola Alcántara-20221213.zip
Rutinas de pensamento de Lola Alcántara-20221213.zip Detalles
- Tuesday, 13 December 2022 [941.6KB]
Enlaces
Xogos
Xogo de matemáticas (carreiras de caracois)
Xogo de memoria (bolas de cores)
Xogo de atención (vasos e boliña)
Xogo de inhibición (Stroop)
Xogo de inhibición (Stroop - cadros de cor)
Xogo de inhibición (Go/No go - letras)
Xogo de inhibición (N-back - correspondencia números colores)
Xogo de memoria (secuencias xilófono)
Xogo de atención (Atopar diferencias)
Xogo de memoria (Parellas de cartas)
Xogo de lóxica (cruzar o río)
Xogo de lóxica (Torre de Hanoi)