O 20 de xuño para poñer o broche final ao actual curso 2024-2025 desprazámonos todo o centro a Abades para desfrutar dun día marabilloso cheo de convivencia e aventuras nun entorno rural inmerso na natureza: FervenzaAventura
No vídeo poderedes contemplar as caras de ledicia e felicidade froito deste magnífico día onde compartimos vivencias, aventuras, actividade física, sorrisos, natureza; e así despedimos este curso cheo de moito traballo e esforzo, pero tamén de grandes e enesquecibles momentos.
O CEIP SOUTELO DE MONTES DESÉXALLES UNHAS FELICES VACACIÓNS
Updated on 28 June 2025, 1:43 PM; 53 visitas á páxina desde 28 June 2025 ata 28 October 2025