dia paz.png

30 XANEIRO 2025

DÍA ESCOLAR DA

NON VIOLENCIA E DA PAZ

O 30 de xaneiro, o noso centro uniuse á celebración do Día Escolar da Non Violencia e a Paz. O alumnado de 3º a 6º de eduación primaria desempeñaron un papel fundamental nesta conmemoración. Tras aprender unha emotiva canción sobre A Paz, convertéronse en mestres para o resto dos seus compañeiros/as, compartindo a melodía, os pasos da coreografía e a mensaxe que a canción transmite. Este xesto uniu a todo o colexio nun canto común, reafirmando o compromiso coa construción dun mundo pacífico e tolerante.

Descargar DIA DA PAZ 2025.mp4 [845.41MB]
Details