Imaxes 2024/25
NOVAS DE MEDIACIÓN
Todo avanza. O noso xeito de traballar, ao longo destes anos deunos a experiencia suficiente para mellorar o proceso.
Este é o motivo fundamental para facer un cambio importante: a nosa axenda de traballo.
Podedes consultar aquí o documento recentemente aprobado!
Durante o primeiro trimestre deste curso 2024/25, o equipo de mediación estivo moi activo:
- Difundiu o servizo entre o alumnado e o profesorado.
- Asistiu ás titorías para explicar o proceso de mediación, de cara a ofrecer axuda na resolución de conflitos.
- Formouse, coa asociación Aventeira, para mellorar a comunicación e explorar novas solucións aos conflitos.
- Fixo formación entre iguais, axudando aos alumnos de 5º e 6º do CEIP de Parga e de 6º do CEIP de Lagostelle.
- Iniciou intervencións con alumnado en conflito.
O pasado mércores, día 4 de decembro, o noso Equipo de Mediación recibiu a formación anual a cargo, como é habitual, da Asociación Aventeira (@aventeira.coop).
A sesión tivo, no primeiro momento, aos novos mediadores (2º ESO e Grao Básico de FP) como protagonistas. Despois, na sesión xeral, practicamos a comunicación non violenta, a busca de solucións creativas e a mediación como proceso.
Unha sesión moi interesante que se complementará, máis adiante, para aprender a análise doutras situacións, agora que o Equipo de Mediación, tamén, é un Axente de Benestar.
Grazas, mediadores e mediadoras!
O pasado curso o noso alumnado mediador comezou un labor de formación entre iguais cos nenos e nenas de 5º e 6º de primaria no cole de Parga.
Agora toca continuar co propósito!
Pasaremos a mañá alí o día 12 de decembro.
Iniciado o proceso de formación entre iguais o pasado curso no cole de Parga, este ano os nosos mediadores e mediadoras continúan o labor de difusión do seu labor axudando aos nenos máis pequenos a coñecer esta modalidade de resolución de conflitos.
No CEIP de Lagostelle esta formación terá lugar en dúas fases:
1. O día 15 de novembro estaremos por alí para unha primeira aproximación cos nenos e nenas de 6º e as súas titoras.
2. O día 19 de decembro voltaremos, xa, cunha sesión máis formativa, con dinámicas de participación.
Encargaranse deste evento formativo Johnny e Aldara de 4º de ESO!
- «Páxina seguinte
- 1
- 2
- 3
- »Páxina seguinte
Como nos organizamos
Neste bloque incluiremos os documentos elaborados para o desenvolvemento das mediacións. Este é o horario de atención das parellas de mediadores:
Correo de atención do Equipo de Mediadores:
mediaciondiazcastro@gmail.com
Xuntanza en Webex
Accede á plataforma Webex.
Información perfil
Son PT e xefa de estudos no IES POETA DÍAZ CASTRO de Guitiriz.
- Nome: TERESA SUSANA
- Apelido: VÁZQUEZ REGUEIRO
- Dirección de correo electrónico: susana.vazquez.r@edu.xunta.gal