Un 25 de novembro cheo de aprendizaxe e diversión!
O noso alumnado participou en diversas actividades para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.
Esta actividade foi levada a cabo en colaboración coa Anpa do centro.
No noso colexio quixemos conmemorar este día tan importante cunha serie de actividades deseñadas para concienciar aos nosos alumnos sobre a importancia da igualdade e o respecto. En función dos distintos cursos o alumnado puido desfrutar de diversas actividades moi divertidas e educativas.
A través de charlas sobre igualdade, contos motores, xogos, búsqueda de información e un emocionante escape room, fomentamos no alumnado a reflexión e o debate sobre a igualdade de xénero.
Grazas a todos os participantes por facer deste día unha experiencia inesquecible!
#25N #EducaciónEnIgualdade
Ademais o alumnado de 2º e 3º ciclo de Primaria ensaiou e levou a cabo esta reivindicativa, pero tamén moi creativa, coreografía.
Updated on 30 March 2025, 7:26 PM; 55 visitas á páxina desde 22 November 2024 ata 31 May 2025