Nesta páxina colgaremos todas as actividades previas e do día do
Entroido 2025
no CEIP SOUTELO DE MONTES
Este ano a temática é: "ANIMAIS VERTEBRADOS"
Durante a semana do 24 ao 27 seguiremos as ordes de: "ÓSIÑOS" o "NOSO MECO PARTICULAR"
NON ESQUEZADES TAMÉN NESTA SEMANA MOVER O ESQUELETO!!!
Este ano, a celebración do Entroido no noso colexio será aínda máis especial, e queremos que todos e todas participedes desde casa! Preparamos unha serie de divertidos bailes para que o propio día do festexo poidamos gozar xuntos da maxia do Entroido.
Para que ninguén se perda nin un paso, creamos vídeos titoriais coas coreografías que bailaremos o día da festa. Así poderedes practicar na casa e chegar ao Entroido cos pasos aprendidos!
E.. POR FIN, CHEGOU O GRAN DÍA.
Aquí vos deixamos un vídeo coas imaxes da semana, o desfile e actuacións na Plaza do Gaiteiro de Soutelo.
Como sempre, queremos agradecer a toda a comunidade educativa a súa presenza, e sobre todo, A ANPA, por ofrecernos un chocolate e unhas orellas ben deliciosas
FELIZ ENTROIDO PARA TODOS E TODAS!!!
Updated on 02 March 2025, 9:36 PM; 47 visitas á páxina desde 22 February 2025 ata 15 December 2025