CEIP SOUTELO DE MONTES E CEIP SAN XOÁN BAUTISTA
-CEIP DE TENORIO
Os colexios de primaria Soutelo de Montes e Cerdedo uníronse para participar nunha xornada de convivencia deportiva no colexio de Tenorio. Os alumnos, desde 3º até 6º de primaria, competiron en diversas disciplinas: fútbol, balonmán e baloncesto. Este encontro promoveu o espírito deportivo, a sa competencia e a camaradería entre os estudantes do tres centros educativos. Grazas a todos e todas pola vosa participación.
CEIP SOUTELO DE MONTES E CEIP SAN XOÁN BAUTISTA
- CEIP NOSA SEÑORA DAS DORES
LUNS DÍA 24 DE MARZO
Os colexios de Soutelo e Cerdedo desprazámonos ata Forcarei para desfrutar dunha xornada chea de convivencia, deporte e alegría. Moitas grazas a todos e todas as participantes pola súa actitude e deportividade.
CEIP SOUTELO DE MONTES E CEIP SAN XOÁN BAUTISTA
- CEIP PEDRO ANTONIO CERVIÑO
VENRES DÍA 4 DE ABRIL
O venres 4 de abril o CEIP Soutelo de Montes e o CEIP San Xoán Bautista desprazáronse ata o pavillón de Soutelo para competir nas disciplinas de fútbol, balonmán e baloncesto contra o CEIP Pedro Antonio Cerviño. Estes colexios uníronse para celebrar a última xornada de deporte escolar. O ambiente estaba cargado de enerxía e entusiasmo, mentres os deportistas demostraban o seu talento e espírito deportivo. A xornada foi un éxito rotundo, deixando a todos os presentes cun sorriso no rostro e a satisfacción de gozar dun día inesquecible. Grazas a todos e todas pola vosa participación.
Updated on 06 April 2025, 1:09 PM; 62 visitas á páxina desde 06 April 2025 ata 31 May 2025