DONAS DE SI
Blogue creado co fin de dar a coñecer á comunidade educativa as actividades realizadas no CEIPP de Vite en relación co programa Donas de si.
25N
Para lembrar a importancia da eliminación da violencia contra as mulleres, os nenos e nenas de Vite, en colaboración co Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares, reuniron unha chea de ideas do que para eles é a violencia.
Logo, recompilamos todas esas ideas no seguinte vídeo.
Vídeo 25N
A MULLER MÁIS IMPORTANTE PARA TI
O alumnado escribíulle á muller máis importante das súas vidas. Contaron a que se adican, que querían ser de maiores cando eran nenas e tamén lle fixeron un fermoso retrato.
DIA DE ROSALÍA
Polo día de Rosalía de Castro, o alumnado do centro realizou unha liña do tempo sobre a obra e vida da autora en colaboración co Equipo de Biblioteca.
8 DE MARZO
Para conmemorar este día, o alumnado do centro escolleu, por curso, unha muller relevante da historia e que destacara en diferentes seccións: cine, arte, deporte...
A idea foi facer unha exposición das novas coa foto da muller destacada, unha das súas frases célebres e algo da súa vida, para logo ser presentado en forma de xornal ás distintas clases.
CHARLA A CARGO DE COOPERACIÓN INTERNACIONAL
O noso centro tivo a opotunidade de desfrutar dunhas charlas a cargo de mulleres traballadoras do fogar, eorganizadas dende Cooperación Internacional, que viñeron a poñer en valor a súa profesión, dignificala e reivindicar a non discriminación pola súa orixe como inmigrantes, nunha escola de tanta diversidade cultural como é este.
CONTACONTOS
A través de Polo Correo do Vento, tivemos a visita dun contacontos que viña acompañado dunha ilustradora, os cales nos contaron a vida e obra da escritora homenaxeada este ano no día das Letras Galegas: Luisa Villalta.
Ademáis de desfrutar desa incríble historia, a cativada, seguindo as indicacións da ilustradora, fixo uns fermosos retratos da homenaxeada.
A IGUALDADE NON É PLANTA DUN DÍA
O alumnado do centro realizou unha actividade de cara á comunidade e ó barrio de Vite que consistíu en rotular dúas macetas colocadas polo concello diante do colexio, coas frases: A IGUALDADE NON É PLANTA DUN DIA, A IGUALDADE É SEMENTE DURADEIRA.
Por outra banda, tamén se pintou un mural no muro exterior da entrada ao recinto escolar, co lema facilitado por Vite en Rede: A IGUALDADE É EDUCACIÓN.
VISITA DUNHA MULLER CIENTÍFICA
Na escola recibimos a visita dunha científica que traballa para Viaqua. Ela mesma explicounos cales foros os pasos que seguíu para ser científica, que fai no seu traballo diario e tamén nos ensinou a experimentar coa auga.
ENTREVISTA A UNHA DEPORTISTA GALEGA
O alumnado de segundo de primaria entrevistou a Desirée Vila, deportista galega.
DÍA DAS LETRAS GALEGAS: LUISA VILLALTA
Continuamos coa conmemoración do 17 de maio, adicado a este ano a Luisa Villalta.
Desta volta, o alumnado de primaria fixo as actividades propostas pola Consellería de Política Social e Igualdade e as unidades didácticas sobre mulleres galegas e o de infantil creou uns álbums de fotos sobre a vida da autora extraídos do Seminario Galán.