Portafolio do grupo de traballo "Polos Creativos" no centro
Este portafolio dixital serve como espazo de reflexión e recompilación de evidencias da actividade desenvolvida polo grupo de traballo "Polos Creativos" no centro.
As evidencias presentadas inclúen:
A) Documentación de actividades con equipamento: imaxes e vídeos de actividades educativas desenvolvidas no presente curso escolar.
B) Rexistro do acondicionamento do espazo creativo: conversión de laboratio en aula específica do Polo Creativo, así coma a instalación de equipamento na biblioteca e salón de actos do centro.
C) Documentación de outras actividades vinculadas ao Polo
Compoñentes
Coordinadora: Olalla Alonso Delgado
Coordinadores de etapa:
- EI: Cristina María Salgado Gago
- EP: María Elvira Álvarez González
- ESO: María Aurora Otero Giménez
Responsable de mantemento e recursos materiais: Berta Hernández Suárez
Docentes especializados en áreas tecnolóxicas e artísticas:
- Robótica e programación: Cristina Iglesias Campos, Daniel Rodríguez Carrajo
- Audiovisual e deseño: Sonia María Vila, Lidia Ruíz Otero
Enlace familias e comunidade: Berta Sarria Pardo
A) Documentación de actividades con equipamento
1. Deseño de proxectos de innovación mediante ABP
Co obxectivo de promover a aprendizaxe significativa, contextualizada e baseada na realidade do alumnado, unha das liñas centrais foi o deseño e desenvolvemento de proxectos mediante metodoloxías activas, concretamente a aprendizaxe baseada en proxectos (ABP).
Para isto, organizáronse as seguintes accións no centro:
-
Deseño de proxectos en grupo adaptados a cada etapa educativa, partindo de situacións reais e abertas que esixían solucións creativas e técnicas, fomentando a autonomía, a investigación e o traballo colaborativo.
-
En EI, realización de actividades centradas na experimentación e na manipulación, como a creación de xogos con pezas encastrables ou recursos sensoriais.
-
En EP, desenvolvemento de proxectos como a elaboración de sinais, materiais manipulativos ou maquetas temáticas integradas nas áreas de lingua, matemáticas ou ciencias.
-
En ESO, posta en marcha de proxectos interdisciplinares vinculados á realidade social (ex. obradoiros inclusivos, produtos audiovisuais, deseño de recursos didácticos).
-
Aplicación sistemática das fases do ABP: investigación, deseño, construción, avaliación e presentación, xerando produtos finais que foron expostos e utilizados nas aulas.
Motricidade fina e matemáticas (5º EI)
ABP de Entroido (1º ESO)
2. Creación e edición de contidos multimedia e audiovisuais
Co obxectivo de fomentar a creatividade, a expresión oral e a competencia dixital do alumnado, unha das liñas de traballo integradas no Polo Creativo foi a produción de podcast educativos, coma os empregados na participación no concurso de Prensa Escuela da Voz de Galicia, onde dúas alumnas de 2º da ESO do centro. resultaron gañadoras.
Para isto, organizáronse as seguintes accións no centro:
-
Selección e formación do alumnado en técnicas básicas de guión, locución e edición sonora.
-
Uso dos equipos:
-
Mezclador Behringer Xenyx X1204 USB.
-
Micrófono VideoMic Me-C.
-
Tablet Lenovo P11 con software de gravación.
-
-
Elaboración de contidos propios, centrados en temáticas significativas para o alumnado (igualdade, medio ambiente, ciencia ou actualidade local).
-
Gravación, edición e difusión dos podcast como produto final visible, fomentando a aprendizaxe baseada en proxectos (ABP).
Podcast: ¡El ritmo de tu vida! (2º ESO)
3. Deseño gráfico e prototipado con fabricación dixital
Co obxectivo de promover a creatividade, o deseño dixital e o uso responsable das tecnoloxías de fabricación, unha das liñas de traballo desenvolvidas foi a creación de materiais manipulativos e xogos educativos mediante o uso da cortadora láser Mr Beam II dreamcut [x].
Para isto, organizáronse as seguintes accións no centro:
-
Sesión de formación presencial no centro escolar (2 horas de duración), do 7 de maio, a cargo de ponente externo, centrada na configuración da Mr Beam II, selección de materiais e optimización de parámetros de corte e gravado.
-
Formación práctica do profesorado no uso de Inkscape, centrada na edición de gráficos vectoriais e preparación de deseños para corte e gravado.
-
Emprego de recursos visuais libres de dereitos extraídos de Freepik, adaptados para fins educativos.
-
Uso da cortadora láser con distintos materiais (madeira, fieltro, goma EVA), segundo as características de cada actividade e etapa.
-
Creación de materiais como o xogo 3 en raia 8M, sinais de aula, taboleiros temáticos e pezas manipulativas para as áreas de matemáticas e lingua.
4. Fomento do pensamento crítico e reflexivo
Co obxectivo de fomentar o pensamento crítico, a reflexión sobre o proceso de aprendizaxe e a conciencia social do alumnado, unha das liñas de traballo desenvolvidas foi a participación en actividades con implicación social e avaliación consciente dos produtos creados, en todos os niveis educativos.
Para isto, organizáronse as seguintes accións no centro:
-
Deseño de tarefas que requiren avaliación de solucións técnicas e creativas, valorando funcionalidade, materiais empregados e impacto educativo.
-
Aplicación de dinámicas de autoavaliación adaptadas a cada etapa (oral en EI, escrita e gráfica en EP e ESO), centradas no proceso, a colaboración e o produto final.
-
Participación do alumnado de 3º e 4º da ESO nunha saída ao Centro ocupacional de discapacitados psíquicos de Verín, onde compartiron obradoiros inclusivos, promovendo a empatía, a cooperación e a comprensión da diversidade.
- Integración das experiencias reflexivas como parte da aprendizaxe baseada en proxectos (ABP), promovendo valores de solidariedade, coidado e conciencia social.
5. Tecnoloxías para o traballo e aprendizaxe colaborativo
Co obxectivo de fomentar a aprendizaxe en equipo, a corresponsabilidade e o uso cooperativo das tecnoloxías dispoñibles, unha das liñas fundamentais foi a promoción de dinámicas colaborativas mediante o uso compartido dos espazos e equipamentos tecnolóxicos, con especial atención á organización, ao respecto polas normas e á seguridade.
Para isto, organizáronse as seguintes accións no centro:
-
Organización do alumnado en grupos cooperativos con roles definidos (deseñador/a, técnico/a, coordinador/a, avaliador/a), adaptados á idade e ao tipo de tarefa, tanto en actividades de deseño dixital como en tarefas manipulativas ou de montaxe.
-
Uso compartido e rotativo dos equipos e ferramentas, como o escáner 3D, a cortadora láser, o mezclador de son, kits de robótica ou tabletas, asegurando o respecto polo material e a responsabilidade individual e colectiva.
-
Creación e aplicación de normas comúns de uso e convivencia no Polo Creativo, consensuadas co alumnado, visibles no espazo e revisadas periodicamente.
-
Rexistro e reflexión sobre as dinámicas de grupo a través de rúbricas, cuestionarios ou observación directa, fomentando a mellora continua do traballo colaborativo.
Dinámica: Gamificación e fabricación dixital (2º ESO)
6. Robótica educativa e electrónica básica
Co obxectivo de iniciar ao alumnado no pensamento computacional, na resolución de problemas e no manexo responsable da tecnoloxía, unha das liñas de traballo desenvolvidas foi a introdución progresiva á robótica educativa e á electrónica básica, adaptada a cada etapa educativa.
Para isto, organizáronse as seguintes accións no centro:
-
Uso didáctico e secuenciado de recursos como o robot programable E.a.R.L. (para EI e 1.º ciclo de EP), Micro:bit e os kits de electrónica básica KIE, que permiten ao alumnado experimentar con instrucións simples, sensores e reaccións lóxicas.
-
Construción e programación de robots sinxelos en ESO mediante plataformas como mBot2, mBot e Ranger, traballando en pequenos grupos e introducindo os conceptos de control, repetición e sensores.
-
Actividades prácticas para a introdución á electrónica, manipulando materiais como paneis solares ou pilas recargables, que permitiron comprender o funcionamento de circuítos básicos de forma segura e contextualizada.
-
Secuenciación das actividades segundo nivel competencial e idade, integrando a robótica e a electrónica nas áreas de matemáticas, ciencias e educación artística.
-
Documentación dos procesos por parte do alumnado mediante fotos, vídeos ou esquemas, fortalecendo a competencia dixital e a expresión técnica.
Introdución á robótica en 1º EP _ Secuencias con E.a.R.L.
7. Fabricación aditiva e mecanizado de materiais
Co obxectivo de desenvolver a capacidade manipulativa, o coñecemento técnico e a responsabilidade no uso de materiais e ferramentas, unha das liñas de traballo foi a formación práctica na fabricación aditiva e no mecanizado de materiais, tanto con ferramentas manuais como tecnolóxicas.
Para isto, organizáronse as seguintes accións no centro:
-
Introdución progresiva ao uso de ferramentas manuais como cutter, pistola termofusible, tesoiras de precisión, bridas, pinzas e destornilladores, empregadas en tarefas de montaxe e prototipado coma as usadas na elaboración do "Maio tradicional".
-
Manipulación de materiais diversos (madeira, cartón, goma EVA, fieltro, silicona) para a creación de pezas didácticas e elementos de soporte para os proxectos realizados.
-
Formación específica sobre normas de seguridade, incluíndo o manexo responsable dos materiais e a organización do espazo de traballo para evitar riscos.
- Desenvolvemento de actividades interdisciplinares nas que o alumnado aplicou os coñecementos técnicos adquiridos en contextos reais de aprendizaxe activa e colaborativa.
B) Rexistro de acondicionamento do espazo creativo
Adaptación do espazo físico: transformación dun laboratorio en Polo Creativo
Co obxectivo de crear un espazo funcional, seguro e adaptado ao desenvolvemento de proxectos interdisciplinares e actividades tecnolóxicas, unha das liñas iniciais de acción foi a transformación do antigo laboratorio de ciencias nunha aula específica do Polo Creativo.
Para isto, organizáronse as seguintes actuacións no centro:
- Neutralización das instalacións orixinais de gas canalizado, coa desconexión e selado de todas as tomas existentes, garantindo así a seguridade no novo uso educativo do espazo.
- Cubrición de todos os lavadeiros integrados nos mesados mediante paneis de contrachapado, co fin de dispor de superficies planas e versátiles para o uso de equipos como ordenadores, impresoras 3D ou a cortadora láser.
- Desmontaxe e reubicación dun dos mesados centrais para crear unha zona ampla e ventilada, habilitada para a colocación estable da cortadora láser Mr Beam II dreamcut [x] e doutros equipos de prototipado.
- Organización do espazo por zonas de traballo diferenciadas: deseño gráfico, montaxe e manipulación, fabricación dixital, almacenamento e zona audiovisual, asegurando a accesibilidade e a funcionalidade para todas as etapas educativas.
Esta intervención permitiu recuperar un espazo en desuso, modernizalo e convertelo nun ambiente de aprendizaxe dinámico e creativo, que facilita o traballo colaborativo, a experimentación e a integración curricular da tecnoloxía.