libro.jpg

th.jpeg.2

23 de abril do 2025: DÍA DO LIBRO

 

Como xa vén sendo habitual nos últimos anos, a ANPA Meixoeiro, agasalla ao noso alumnado cun libro para cada aula.

Considerando que é o mellor agasallo que un neno pode recibir, este ano decidimos coordinarnos e darlle un chisquiño de emoción á entrega deste libro.

Cada aula preparou unha serie de actividades, buscas, retos... que tiñan como obxectivo final conseguir descifrar o título do libro co que ían ser agasallados ao final do día.

Aquí podedes ver o traballo de cada titoría e a entrega que a ANPA fixo do libro nas aulas. 

PREMEDE EN CADA UNHA DELAS PARA ACCEDER Á INFORMACIÓN E IMAXES