A bitácora do Equipo de Dinamización da Lingua Galega

arcodavella transparente.pngEDDLG.jpg

Concerto BOUBA

CARTEL A3 BOUBA_page-0001.jpg

Este xoves organizamos un obradoiro/concerto coas BOUBA para render homenaxe ás nosas cantareiras. Haberá dous pases: Infantil e 1º ciclo / 2º e 3º ciclo.

Está financiado polo Programa Jean Monnet para difundir o valor da nosa música tradicional e a grande labor de difusión que fixeron as cantareiras e pandeireteiras do país.

As BOUBA son un grupo de Pontragha,en Trazo, e elas mesmas defínense como "herdeiras e transmisoras da cultura do país e da festa ben feita" . Despois do seu traballo "Vinculeiras" veñen agora "Termando dos marcos" e contan: "Resituámonos na aldea que nos pariu, a que nos dou o nome e nos mostrou que sen nós non había futuro. Non é esta cousa boa de facer nun país cada vez máis asobalhado polo capital e a desmemoria.

Aquí estamos, Bouba, "Os marcos somos nós".

LETRAS GALEGAS 2025

cantareiras.jpegEste ano a conmemoración das nosas letras renden unha merecidísima homenaxe ás CANTAREIRAS.

Elas foron mulleres imprescindibles que atesouraron a nosa tradición oral, a través de cantigas que ensinaban ás súas fillas, sobriñas e netas. Paga a pena destacar a súa labor na transmisión e conservación da nosa lingua, nuns tempos onde o galego era perseguido. Afortunadamente esta herdanza chegou aos nosos días a través das recolleitas de persoas como Dorothé Schubarth , musicóloga suíza.

Na actualidade, moita da nosa mocidade comprometida coa tradición fai música de grande éxito na nosa lingua: Tanxugueiras, Fillas de Cassandra, Caamaño e Ameixeiras... Aquí compartimos con vós un lote de recursos para Letras Galegas e un mapa interactivo dalgunhas músicas de Europa para enriquecernos coa nosa cultura e coa doutros países europeos.

Todo o traballo presentado foi desenvovido polo EDLG dentro do Programa Jean Monnet para que o gocedes tanto na escola coma na casa. Activade o MODO GALEGO e non deixedes de cantar!!!

RECURSOS LETRAS GALEGAS

MÚSICAS DE EUROPA - MAPA INTERACTIVO

Día do libro

Details

MODO GALEGO, ACTÍVAO 2025

CARTEL FOLIADA.jpg

CANTIGA "NUNCA DEIXES DE SOÑAR" para pechar o acto IX CARREIRA SOLIDARIA POLA PAZ

Preme aquí para acceder á letra e o vídeo da canción

Se premedes na seguinte ligazón podedes ver actualizados os TRABALLOS DO MGA:
Ver traballos MGA 2025

Modo galego activao 2025.jpeg

Carta ás familias

PÁXINA DE ACTIVIDADES

Enviar as actividades a:
edlg.barouta@gmail.com

Contidos EDLG na web: clica aquí

MGA-RETO 1 ACADADO!!! Vestímonos cunha prenda azul como símbolo da nosa lingua

vistome de azul pola lingua.jpeg

Reto gastronómico PAPAROUTA

Rematado o reto gastronómico. Moitas grazas pola vosa participación!

gañadoras reto gastronómico.jpeg

O equipo de Biblioteca e o EDLG do centro queren rematar o ano cun reto gastronómico.

reto-gastronomico-paparouta.jpeg

Haberá tres preguntas que se lanzarán a través da páxina web do cole (tamén estarán expostas na biblioteca). As respostas teñen que estar en galego e podedes acompañalas de imaxes.

Cando o alumnado teña a resposta escrita terá que métela nunha caixiña que haberá na biblio. Todas as respostas deben vir con nome e curso do alumnado.

1ª PREGUNTA
Tempo para investigar: 4-9 de decembro.
2ª PREGUNTA
Tempo para investigar: 9-13 de decembro.
3ª PREGUNTA
Tempo para investigar: 13-19 de decembro.

Ver as preguntas

RECURSOS NADAL

Calendario Paparouta 2025

Empezamos co calendario Paparouta 2015. tendes toda a explicación na web do colexio e esperamos contar coa vosa colaboración.

PROPOSTA-CALENDARIO-1-1-1448x2048.jpg

Tamén tendes dispoñible o formulario para facer a solicitude.

Ver Información e formulario de pedido na web.

Recursos Samaín e Magosto

RECURSOS SAMAÍN E MAGOSTO.jpg

MALETA D´EIQUÍ

Unha proposta do EDLG. A partires do LUNS 7 OUTUBRO o alumnado poderá levar, de xeito voluntario, unha maleta con tesouriños d´eiquí.

Atendede ás novidades!

nova organización.gif

MALETA FAMILIAS definitivo.png

Descargar MALETA D´EIQUÍ.mp4 [19.93MB]
Details

Benvidas familias a este novo curso 2024-25!

Queremos compartir con vós a PROGRAMACIÓN CON APEGO organizada polo concello de Ames para os vindeiros meses. Anotade nas vosas axendas para cantar,bailar e gozar coa nosa lingua.

* Preme na imaxe para ver/descargar a programación completa

Apego Ames 2024.png

Cé Orquestra Pantasma

Descargar Ce Orquestra Pantasma 2024.mp4 [115.3MB]
Details

Preme na imaxe para ver a presentación

Luisa Villalta.jpg

Esta semana estreamos GALEOKE. Así en Barouta hai festa rachada co MODO GALEGO ACTIVADO.
Aquí tedes algúns vídeos en primicia.
O xoves 16 maio gozaremos dunha XORNADA DE XOGOS TRADICIONAIS e o 22 maio co concerto da ORQUESTRA CÉ PANTASMA, por xentileza do concello de Ames co MGA. LONGA VIDA ÁS NOSAS LETRAS

GALEOKE 2024 - EDLG BAROUTA

Xogos Tradicionais Letras 2024.png

ORQUESTA CÉ PANTASMA.png

Descargar GALEOKE LOGO.mp4.1 [2.45MB]
Details

GALEOKE, O KARAOKE DO CEIP DE BAROUTA . Na semana das Letras Galegas, o EDLG convídavos a cantar e bailar co noso Galeoke. Aquí tedes temazos para activar o MODO GALEGO e facer unha festa rachada na nosa lingua. Animádevos vós tamén familias!!!"

TEMAS GALEOKE

 

MODO GALEGO. ACTÍVAO! - Barouta 2024

Premede na presentación e seguide atentas ás novidades.

WEB MODO GALEGO ACTÍVAO.jpg

Saúdos EDLG do CEIP DE BAROUTA

TRABALLOS BAROUTA "MODO GALEGO" 2024

Día Rosalía 2024

Descargar DÍA DE ROSALÍA - DÍGOCHO EU.mp4 [282.61MB]
Details

GALA ROSALÍA 2024: "A xustiza pola man"

Gala Rosalía 2024 "A xusticia pola man". Grazas pola participación a Carla, Valeria, Lucas, Brais, María, Iria, Candela, Diego e Amalia alumnado de 6° Primaria. A Oliva,a súa titora,por poñer a voz no poema e a música "Canto de segada" do Cuarteto Caramuxo. EDLG do CEIP DE BAROUTA.

Details

LUXO NO LIXO.

As nosas crianzas veñen de participar na intervención urbana proposta polo concello. Agora temos papeleiras e colectores con versos rosalianos.

Descargar LUXO NO LIXO.mp4 [21.44MB]
Details

Programación Rosalía

Desde o EDLG compartimos con vós a programación de ROSALÍA no Concello de Ames e aproveitamos para convidarvos á GALA ROSALÍA, o 23 febreiro na que participará unha representación do alumnado de 6º Primaria.

CARTAZ ROSALÍA AMES.jpg

RECURSOS EN GALEGO

NA PARTE INFERIOR, DESPOIS DESTES RECURSOS, TES OS CONTIDOS PUBLICADOS REGULARMENTE POLO EDLG.

O EDLG seleccionou estes recursos para Samaín e Magosto

O EDLG de Barouta seleccionou estes recursos sobre Francisco Fernández del Riego, autor homenaxeado nas Letras Galegas este ano:

 

RECURSOS FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO: https://primaveradasletras.gal/

CINEMA EN GALEGO:

O QUE FIXEMOS CO "MODO GALEGO-ACTIVAO". Colaboración RAG e CEIP de Barouta: https://drive.google.com/drive/folders/1TjJYhVstkvGxCoPSqlm94rMU8oo_JG0P

GALEOKE, O KARAOKE GALEGO: cantigas xa descargadas e con karaoke para cantar e bailar.

PRESENTACIÓN DO EDLG SOBRE FERNÁNDEZ DEL RIEGO

letras galegas fdez del riego.png.1

O EDLG de Barouta preparou unha recompilación para que gocedes coa nosa autora máis universal:

UNIDADE DIDÁCTICA: https://drive.google.com/drive/folders/1geNliX012jeDGN8TR-hB8REBBBfJTvPm

MÚSICA: https://drive.google.com/drive/folders/1XPbAGLqokfTNaaJ9r3q2C4CHkq-JVdA_

CARAUTAS: https://drive.google.com/drive/folders/1bcUVQhZYvPrj-GoU3IQnE6gbJNGukWG9

AUDIOPOEMAS: https://drive.google.com/drive/folders/1q0iKFtg4_HwsA13HaXG9ALOxNRDW0U5f

PRESENTACIÓN:

 

O EDLG de Barouta preparou varios recursos para que gocedes do Samaín:

MOITO MAXÍN NO SAMAÍN!!!
https://drive.google.com/drive/u/8/folders/1HBQakJ1x2hLze1u_765aHWpephXOupbF

No Magosto...chamosco.
https://drive.google.com/drive/u/8/folders/1gDsglPg3BlOGQLSv3PzdkrwCl1TbUA8Y

Seminario de Estudos galegos

O 12 outubro de 2023 é a conmemoración do SEMINARIO ESTUDOS GALEGOS.

SEG2023.png

PROXECTOR  é un espazo audiovisual galego para a docencia.Co gallo do centenario do SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS,veñen de estrear este documental tan interesante que queremos compartir coas familias.

http://consellodacultura.gal/especiais/proxector/especial.php?t=10436

Details

Presentación Letras Galegas 2023 | Francisco Fernández del Riego - EDLG CEIP de Barouta

Details

Día de Rosalía de Castro 2023 | "Xardín Rosalía" - EDLG do CEIP de Barouta

Details

Florencio Delgado Gurriarán | Vídeo EDLG CEIP de Barouta 2022

Details

A orixe do Samaín

Descargar A orixe do Samaín.mp4 [106.82MB]
Details

Letras Galegas 2020: Ricardo Carvalho Calero

Details

A orixe do Samaín

Details