Descrición
A motivación desta actividade é dar a coñecer ao alumnado aplicacións relevantes do mundo IA de uso real, co obxectivo final de usar esas aplicacións que nos ofrecen os dispositivos de hoxe en día e descubrir o transfondo técnico que hai detrás de todo iso. Para este fin é necesaria a programación. Se non se programa non podemos chegar realmente a este obxectivo desexado, e quedariamos soamente na superficie, que non é que non sexa válido, pero non supón unha aprendizaxe profunda tal e como entendemos e buscamos para as clases de Tecnoloxías Intelixentes.
Para realizar unha actividade deste tipo tiveron que levar a cabo unha labor de investigación. O reto principal non era atopar información dun asunto en particular de IA. O verdadeiro reto era atopar fontes de inspiración e librerías Python de alto nivel e contrastadas, que nos permitan levar a cabo un proxecto de programación que sexa factible levar á aula de secundaria. Se a programación non é abordable a este nivel, a actividade, por moi espectacular que puidese resultar, non vale. O final deste percorrido chegaron á conclusión de que era posible facelo ou polo menos podíase intentar.
O alumnado para poder facer esta actividade precisou do coñecemento adquirido na primeira parte do curso. Formáronse grupos de traballo (de 2 a 4 alumn@s) onde cada grupo foi ao seu ritmo. Dos 4 grupos dous chegaron ao obxectivo proposto e os outros dous non o completaron en diferente grao. En calquera caso o obxectivo da actividade non era a chegar á meta senón o camiño percorrido.
Como profesor da materia o rol nesta actividade foi marcar as tarefas de programación que tiñan que facer os grupos e axudarlles en todo o que precisasen.
Recursos web
Para realizar esta actividade o autor inspirouse en:
Ámbito ou metodoloxía
- Aprendizaxe baseada en proxectos.
- O alumnado podía utilizar chatbots de IA para axudalles a resolver dúbidas pero nesta actividade non podían copiar código dunha IA.
Datos xerais
| Centro educativo | IES Rosais 2 (Vigo) |
| Etapa | Secundaria (Extrapolable a Bacharelato) |
| Nivel de aplicación | Un grupo (alumnado + profesorado) |
Centro educativo
Ferramentas de IA empregadas no proxecto
Programación, Linguaxe Python, Chatbots, Notebook Jupyter
Outros elementos tecnolóxicos empregados
Biblliografía recomendada, Investigación, Transfondo técnico, Busca de fontes de inspiración, Traballo en grupo.