
O mércores día 2 de abril, celebramos o día da árbore e o día internacional dos bosques, cunha actividade que xa repetimos dende hai xa varios anos, e que a todo o alumnado de primaria lle entusiasma.
Os de 1º curso agardan con curiosidade este día, xa que é a primeira vez que participan, pero o resto do alumnado mostra gran interese e entusiasmo por, cada ano plantar árbores novas, e ver como van medrando as dos anos anteriores.
De seguro, que un día tan marabilloso, debemos de agradecerllo á Mancomunidade de Montes de Vilapouca e ao Distrito Forestal XVI, que ano tras ano, conseguen motivar e manter viva a ilusión de poder ver medrar o noso monte.
É un día cheo de diversión, pero tamén de moitas aprendizaxes, que teñen que ver, sobre todo, co coidado da natureza e dos nosos montes. Se ademais sumamos a actividade física realizada, o contacto coa natureza e a convivencia, temos o éxito asegurado, como así ocorre curso, tras curso.
MOITAS GRAZAS A TODOS E TODAS
NON ESQUEZADES COIDAR MOITO A NATUREZA
Aquí vos deixamos un vídeo coas actividades realizadas:
Updated on 06 April 2025, 6:50 PM; 57 visitas á páxina desde 06 April 2025 ata 21 June 2025