A bitácora do alumnado de 2º de Primaria.

Bitácora 2º Primaria

arcodavella transparente.png

Ruleta de PASAPALABRA

Xogamos para ser a mellor Ecopatrulla!

ADIANTE!

Sin título.jpg

Como usar os colectores.

Como xa dixemos o alumnado de 1ºciclo forma parte da Ecopatrulla do centro. Na bitácora de 1º curso podedes ver como o alumnado explica a importancia das 4R.

Nós queremos mostrarvos como reciclar, que botar a cada colector.

Details

Visita do punto limpo móbil.

O alumnado de 1ºciclo é a Ecopatrulla do cole; así que pedimos axuda ao Condello e o punto limpa móbil visitou o cole. Explicounos como se recicla, a onde van os productos, que fan logo no punto limpo fixo con todo o lixo, onde está...
Aproveitamos para meter cartuchos e pilas que tiñamos.

Somos ECOPATRULLA

A partir deste curso, o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria será a Ecopatrulla do noso cole.

Estivemos traballando con estes libros:

ReciclaxeCAPA.jpg

Os Bolechas queren saber o que é o lixo.

O Bolechas queren saber como producir menos lixo.

 

Interpretando a obra de Antía Yáñez

O alumnado de 2°EP interpretou o libro A Reconquista de Antía Yáñez, para todo o alumnado de Educación Infantil.

interpretacion A Reconquista.jpeg

Iniciámonos no TRUE TRUE

Iniciamos o taballo cos robots TRUE TRUE, un dos mellores recursos educativos para traballar diferentes aspectos curriculares, e o prensamento computacional.

True True

ACTUALIZACIÓN:

Seguimos  atraballar nos obradoiros co "mini robot".
Realizouse unha breve explicación sobre o funcionamento e despois tiveron a posibilidade de probar como funcionaba de xeito autónomo.
Elas mesmas daban indicacións ao robot sobre como moverse empregando as cartas e, dese xeito, creaban rutinas para que realizara.
Finalmente, tiveron o obxectivo de acadar que o robot cumplirá cunha ruta marcada e chegara á meta.

Descargar true true 1º.mp4 [0.55MB]
Details

Miña casiña, meu lar

Comezamos vendo o mapa de Ames. De aí icada quen recoñeceu a súa aldea, a súa parroquia. Entón empezamos a organizarnos; que é iso do código postal? Que casualidade que xente que vive na mesma zona teña o mesmo número de CP... e o CP de Santiago de Compostela (que esta ao lado de Ames) tamén comeza por 15... que curioso.

Entón indagamos e vimos que os CP de cada provincia de Galicia empeza polos mesmos dous díxitos.

IMG_20231117_134345.jpg

Organizamos entón os mapas por aldeas, e por parroquias e CP.

 

Xa tiñamos parte do noso enderezo de casa:

- o noso nome

- o noso CP

- a nosa aldea ou cidade

- a nosa parroquia

- a nosa provincia

e a nosa comunidade (incluso puxemos o país por se nalgún momento decidimos mandar unha carta dende fóra de España).

 

Pero aí non quedou a cousa, démonos de conta de que todas e todos tiñamos no noso enderezo un número ou varios, ademais de ordenalos por orde de menor a maior, démonos de conta que algúns coincidían (por iso é tan importante saber a parroquia e a aldea).

 

Pero por que algúns tiñan ademais piso e letra? Pois porque hai casa unifamiliares e edificios, e ademais ás veces, estas están organizadas en urbanizacións.

 

Completamos o noso enderezo, debuxamos a nosa vivenda, e de paso falamos das partes mínimas dunha casa. Aproivetamos para escribir unha lista coa familia semántica dalgun dos compartimentos dunha vivenda.

 

Por último, fixemos unha maqueta dunha cidade e unha aldea. Puxemos nome aos portais (pares e impares), fixemos rotondas, pasos de peóns, semáforos, árbores, beirarrúas... en cambio na aldea fixemos estradas e moito campo e moitas sinais de tráfico.

IMG_20231129_095409.jpg

IMG_20231128_134131.jpg

Agora rematamos a propostas traballando o texto epistolar para enviar unha felicitación de Nadal a unha compañeira ou compañeiro de aula, cunha técnica artística concreta (entramado)

O gran libros dos medos de 2ºEP

Levamos todo o trimestre falando dos sentimentos: alegría, tristeza, calma, MEDO.

No noso proxectoo 100libros limos, O gran libro dos medos do rato pequeno. O alumnado falou do seu medo, dándose de conta de que en moitas ocasións coincidían; é dicir, ese medo é algo habitual, de feito, ata ten un nome.

Debuxaron o seu medo, usaron diferentes materiais para representalo, buscaron o nome do medo en internet con axuda e escribiron no word o seu medo.

Durante este curso trataremos de coñecer o teclado (dun xeito moi simple) e as utilidades máis básicas dun procesador de textos.

Coñezo o meu corpo

Debemos coñecer o noso corpo, saber como funciona, como coidalo, as súas partes, que sentidos temos...

IIMG_20231011_101612.jpg  IMG_20231011_101600.jpg.1IMG_20231011_101708.jpg

Lemos sobre o noso corpo, organizamos as súas partes (cabeza, tronco e extremidades superiores e inferiores); como é o noso corpo por dentro e por fora?; debuxamos a simetría da nosa cara.

 

SERIES: +2/-2

Estamos facendo varias dinámicas na aula facendo series de -2 e +2, coa axuda de regretas, numerándonos, co cadrante e fichas...

Contar de dous en dous cara adiante é sinxelo, cara atrás... tamén!

 

Primeiro contamos de dous en dous, logo imos quitando.

IMG_20231006_102839.jpg.1

IMG_20231006_102843.jpg.1IMG_20231006_102847.jpg.1IMG_20231006_102851.jpg

O punto limpo de aula

Aquí tendes uns enlaces para aprender sobre a xestión de residuos.

SABES A COR DO COLECTOR?

 

OS TRES ERRES

 

Durante este curso, centrarémonos en REDUCIR. Aínda que é importante reciclar e reutilizar, porque o mellor residuo é aquel que non se xenera.

 

Con isto traballamos:

Axenda2030_reciclaxe.jpg

proxecto 100 libros

Durante este curso temos un proxecto de lectura de 100 libros.

Para iso, leremos na asamblea diferentes libros, en diferentes idiomas, de diferentes tipoloxía: narrativo, poético, científico... A lectura debe ser activa, respectuosa e compartida.

A continuación deixo un enlace onde podedes acceder a estas lecturas de xeito dixital, respectando a autoría e licenzas.

AULA MIXTA DE 1º, 2º E 3º. Proposta 2.

Traballamos a medición, a través do sistema métrico e con outros obxectos de medida. Tamén elaboramos táboas.

AULA MIXTA DE 1º, 2º E 3º. Proposta 1.

Traballamos a composición e descomposición de números nas súas tres fases, manipulativo, gráfico e simbólico. Noutra proposta traballamos a xeométria co xeoplano, concepto de segmento, tipos de liñas, construimos figuras como cadrado, rectangulo, triángulo e chagamos o exagono. Na outra proposta traballamos a fotografía dende ás matemáticas. A regra dos 3/4:onde debe ir o máis importante da foto? Medimos, repartimos os centimétros en 3 grupos iguais, fixemos rectas e ... Atopamos os 4 puntos nos que debemos colocar o importante da imaxe.