Bitácora 3º Primaria
Visita á fábrica de Biomasa.
O mércores 24 de abril visitamos a fábrica de biomasa Ecowarm en Bastavales. Foi unha experiencia da que aprendimos un montón sobre o proceso de fabricación dos pellets de madeira, os seus usos e porque son un tipo de enerxía limpo e renovable.
Vimos o cambio de densidade da madeira ao transformarse en pellets, o "videoxogo" que serve para controlar todo o proceso, tocamos o serrín fermentando a cerca de 40 graos, seguimos o percorrido dun saco, entramos no laboratorio comprobar a densidade, refugallos e medir os pellets... Todo iso ben protexidos coas nosas EPIS. Ademais non marchamos coas mans baleiras porque levamos agasallos para todas e todos e para a clase.
Moitísimas grazas Fran e Miriam, familia de Nerea, polo convite e por coidar cada detalle. Grazas a todo o equipo polo recibimento e as aprendizaxes.
Braille e lingua de signos.
Recantos: animais vertebrados.
Ola familias,
andamos con moitas cousiñas esta tempada irei actualizando aos poucos. Comezo co traballo por recantos que xa rematamos a comezos de semana.
Tríptico dun vertebrado. Traballamos con diferentes fontes de información (guías, internet...) para elaborar un tríptico con información e ilustracións sobre o vertabrado que escolleramos debía ser autóctono de Galicia e a idea é que despois teñamos unha boa colección para ler nos tempos de lectura.
Pasar o río. Seguimos coa nosa proposta de fluídez lectora.
Hospital ortográfico imos poñendo cada vez máis conciencia en normas ortográficas de uso frecuente ás xa traballadas engadimos o r e rr.
Xogando cos vertebrados. Tras o visionado dun vídeo sobre os vertebrados, xogamos cun xogo que nos permitiu activar os nosos coñecementos sobre este tipo de animais e tamén outras destrezas: debuxo, expresión oral ( descrición), expresión corporal...
Catálogo de xoias. Vimos realizando un traballo sobre a diversidade corporal que pronto vos contaremos e aquí traballamos na realización dun catálogo da nosa xoia interior. Sacamos fotos aproveitando o aprendido no obradoiro fotográfico con Thais Núñez. Ademais escribimos a ordenador os textos de agradecemento ao noso corpo que acompañarán as imaxes do catálogo.
https://www.ceipdebarouta.gal/obradoiro-de-fotografia-thais-nunez/
Propostas de matemáticas.
Circulamos con distintas propostas por equipos.
- Multiplicación de xeito manipulativo, gráfico e simbólico.
- Achegámonos aos números decimais con folletos dos prezos dos supermercados, representación manipulativa e simbólica.
- Repasamos estratexia +1 e -1.
- Resolución de problemas coa dinámica cooperativa de folio xitatorio en parella.
- Composición de números con unidades de millar, manipulativo, gráfico e simbólico.
- Sumas con redondeo con tarxetas flash con dinámica cooperativa de folio xitatorio neste caso todo o grupo.
Amosamos un video
Recantos: seres vivos.
Ola de novo!
Esta semana retomamos os recantos. O tema que nos ocupou eran os seres vivos.
No recanto das moneras e protistas estivemos lendo sobre estes seres, familiarizándonos co microscopio intentando ver protozoos e algunhas outras mostras. Puidemos ver células de cebolas e entender que é un ser pluricelular.
No recanto dos animais estivemos lendo sobre este reino e elaboramos un esquema acompañado de imaxes que nos permitiu clasificar en vertebrados e invertebrados e aprender como se estrutura un esquema.
No recanto das plantas limos sobre estes seres para saber cales son as súas necesidades e pensar que necesitamos ter nas aulas para coidalas. Cada aula do cole terá plantas e nós eramos o grupo encargado de facer a listaxe de material para entregar a cada aula. Ademais escollemos tres plantas para a aula unha para o lado da fiestra, outra para a mesa onda o emcerado e outra para a entrada e debiamos escoller segundo as necesidades de luz.
No recanto dos fungos lemos sobre estes seres e sobre algunhas artistas que traballan con alimentos. Despois debían de xeito colectivo ou individual facer unha obra inspirándose no lido. Iremos vendo que fungos aparecen nas nosas obras e de que tipo son. Tamén fixemos hipóteses sobre as necesidades dos fungos: medran mellor con humidade ou sen el? Con luz ou sen luz? Con aire e sen aire? E temos as nosas mostras para comprobalo.
Recanto de comprensión lectora lemos textos sobre bechos e debiamos completar unha imaxe cos bechos correspondentes.
Recanto de ortografía. Tiñamos unha serie de textos con curiosidades animais. En cada un prestabamos atención a un son g, k, z e debiamos clasificar as palabras e deducir a regra.
Seguimos construíndo! Xa andamos argallando o entroido!
Seguimos construíndo
Ola tribo!
Estamos de volta e comezamos con ganas, comezamos a traballar sobre os seres vivos.
Entre todas conseguimos deducir cales son as características propias dos seres vivos e as 3 funcións coas que teñen que ver. Vimos tamén modelos de células feitos polo alumnado de terceiro ciclo que nos axudaron a ver de que están formados.
Para a semana comezamos o noso traballo por recantos e estivemos facendo un preparado a ver se podemos ver protozoos.
Tamén aproveitamos que algunhas das landras que empregamos para contabilizar os nenos e nenas orfos por violencia de xénero xerminaron e sementámolas e levámolas para clase a ver se prenden os carballos e podemos ver o seu proceso.
E... retomamos as aulas e robótica xunto ao profe Jorge. A verdade é que aprendemos moito e ademáis nos encantan!
Seguimos construíndo!
25N día para a eliminación da violencia contra a muller.
Estivemos facendo un traballo moi rico neste senso. Do medo do Samaín que mesmo pode ser divertido pasamos a falar dunha realidade que realmente mete medo e asusta: a violencia contra as mulleres. Analizamos titulares relativos a violencia contra as mulleres e analizamos como estas novas se nos transmiten suavizando as situacións ou mesmo responsabilizando ás mulleres e puidemos transformar estes titulares falseados en titulares reais. Podedes escoitalos no podcast que fixemos. Traballamos de xeito matemático os datos sobre violencia de xénero.
E fixemos unha pequena investigación sobre o medo que senten as mulleres polo feito de ser mulleres. E puxémolos en imaxe.
Sentimos medo por nós, polas mulleres queridas... e non quixemos quedar aí... quixemos visibilizar estas realidades porque o que non se nomea non existe e o que non existe non é posible cambialo. Máis non queriamos quedar instaladas e instalados no medo senón na vida, na posibilidade de cambiar as cousas.
Reflexionamos sobre o poder que como persoas e como grupo temos e foi fermoso e rico. E quixemos poñer en imaxes cheas de cor como podemos transformar esta realidade entre todos e todas.
Podedes escoitar o podcast, ver un resumo do acto do 25N de todo o centro e algunha cousiña máis no seguinte enlace.
https://www.ceipdebarouta.gal/xornada-25n-2023-ceip-de-barouta/
https://www.ceipdebarouta.gal/tag/25n/
A tribo de 3º
Ola de novo!
Esta semana estivemos rematando as propostas coas que comezamos a semana pasada. Ademais a partir do traballado sobre a adiviña estamos creando as nosas propias.
Por outra banda estamos profundizando no 25N: analizamos titulares de prensa cunha perspectiva feminista, estamos facendo unha pequena investigación por medio de pequenas entrevistas, coñecemos a historia das irmás Mirabal e comezamos a reflexionar sobre diferentes xeitos para transformar a realidade.
Foron días de intensidade e non houbo tempo nin para fotos!
Déixovos os estatutos do Seminario de Estudos da Tribo que fixemos de xeito cooperativo e recollen as nosas intencións e compromisos.
Seguimos construíndo.
Nova proposta de Traballo.
Bo día!
Estas son as novas propostas no traballo por recantos.
Collage amigxs do medo. Retomamos o collage no que acallemos a parte do medo que nos axuda, así traballamos a expresión artística, dámoslle un lugar máis saudable ao noso medo e traballamos a escrita na composición do texto do collage.
Estou aquí é unha proposta de traballo con representacións do espazo no que nos situamos a nós mesmas dende Barouta ata chegar ao Universo pasando polo concello, provincia, comunidade, estado, comtinente, planeta, sistema.
Adiviñas. Traballamos o texto da adiviña e a comprensión lectora a través dun dominó de adiviñas que debemos compoñer en equipo. Cando coñezamos esta tipoloxía de texto mellor crearemos as nosas propias adiviñas.
Cazaerros. Son dúas propostas: un xogo de crear palabras a partir de letras e un texto para cazar erros que nos serven para revisar a ortografía do son Z za, zo, zu, ce, ci e do son K ca, co, cu, que, qui. Que sumamos ao uso de maiúsculas que xa revisamos con anterioridade.
Cho-co-la-te é unha proposta para traballar a sílaba na que clasificamos palabras por número de sílabas e creamos por parellas un xogo de mans no que cada sílaba dunha palabra se representa cun xesto. Pronto poderedes ver as creacións.
Álbum vida e ilustración. Traballamos no álbum vida da aula un proxecto mo que recollemos con imaxes e palabras as cousas que nos acontecen na aula. E tamén ilustramos o microrrelato doutra persoa da aula para crear un pequeno libro de microrrelatos. Traballando a comprensión lectora.
Un traballo importante que estamos facendo á vez que estas propostas de regulación do volume cando traballamos que está a ser unha dificultade.
É moi fermoso ver os grandes progresos que fixeron en canto a autonomía e capacidade de traballo grupal neste tipo de propostas.
Continuamos construíndo.
Video sombras Santo Andrés de Teixido
Presentamos o video elaborado despois do traballo feito na clase e aproveitando o audio do programa de radio que se fixo sobre Santo Andrés de Teixido.
O video presentouse no Museo do medo que fixemos no Samaín.
BEN-estar ... O medo
Ola tribo!
Empezamos hai xa uns días unha nova proposta por recantos... Seguimos traballando no BEN-estar esta vez co fío condutor do medo.
Contos de medo: trata de integrar a lectura por pracer na aula e ir creando unha identidade lectora, así deixan un comentario da súa impresión tras a lectura.
O azucre mete medo: están a facer cartaces para intentar convencernos da necesidade de reducir o consumo de azucre, para iso primeiro lemos sobre os seus prexuízos.
Alfabetos: traballamos con diferentes alfabetos que nos achegan ao funcionamento dos abecedarios, nos poñen en contacto con diferentes xeitos de comunicar, revisamos o nome das letras en lingua galega e a orde alfabética.
Os meus medos: tras ler o libro de Fiz o coleccionista de medos pensamos nos nosos e gardámolos no baúl. Traballamos o medo dende a necesidade de darlle un lugar xa que nos protexe e ao mesmo tempo poñemos atención na parte non real, na que nos fai menos libres.
Microrrelatos de terror: traballamos este tipo de texto inventando as nosas propias historias de medo... Algunhas asustan e outras son divertidas e sorprendentes.
Collage: aínda non comezamos pero farémolo en breve, coa realización dun collage no que daremos aos medos un lugar máis amoroso... Sen que ocupen todo!
Seguimos!
Bicherío. Tarfea de cohesión alumnado de terceiro.
Menudas e menudos artistas nesta tarefa grupal.
Ourizo das tarefas.
Propostas: o medo e o alfabeto.
En terceiro, seguimos rematando a proposta relacionada co medo e o noso corpo.
E tamén empezamos a traballar o alfabeto, centrándonos en sistemas de comunicación como pode se a linguaxe de signos ou o sistema Braille.
Mesmo grabamos o noso nome con linguaxe de signos.
AULA MIXTA DE 1º, 2º E 3º
Traballamos a composición e descomposición de números nas súas tres fases, manipulativo, gráfico e simbólico. Noutra proposta traballamos a xeométria co xeoplano, concepto de segmento, tipos de liñas, construimos figuras como cadrado, rectangulo, triángulo e chagamos o exagono. Na outra proposta traballamos a fotografía dende ás matemáticas. A regra dos 3/4:onde debe ir o máis importante da foto? Medimos, repartimos os centimétros en 3 grupos iguais, fixemos rectas e ... Atopamos os 4 puntos nos que debemos colocar o importante da imaxe.
METEOBAROPUTA: retomando o traballo coa estación metereolóxica.
En 3º empezamos a traballar novamente coa estación metereolóxica dentro do proxecto de MeteoBarouta. O primeiro foi lembrar as partes da estación e contidos relacionados: uso do compás, puntos cardinais, para que serve cada aparello e os seus nomes...
Moitas e moitos lembraban perfectamente o feito o curso pasado... grandes meteorólogas e meteorólogos temops en Barouta.
BENESTAR - Percepción persoal - Como inflúe a alimentación.
REXISTRANDO O TEMPO
En terceiro estamos levando o rexistro diario do tempo. Mirade que cousas tan chulas temos para facelo!
MULTIPLICACIÓN
Agora que xa entendemos e sabemos o que significa múltiplicar, e como funcionan as múltiplicacións básicas, toca memorizar as táboas.
E por que temos que memorizalas?
Porque é unha ferramenta básica para o calculo mental.
Mellora o razoamento.
Facilita outro tipo de traballos matemáticos ao longo da escola e da vida.
Mellora na resolución de problemas que implican múltiplicación.
...