A bitácora do alumnado de 6º de Primaria.

Visita ao Refuxio de Bando

O alumnado de 6º de primaria visitou o refuxio de bando para facer entrega dun donativo, gracias ás ventas do libro de Haikus que elaboraron.

https://www.facebook.com/share/p/HjuyjFdeVfBgaxuD/

É un pracer poder colaborar!!!

 

DINÁMICA DE COHESIÓN GRUPAL "DALLE A VOLTA Á SABA"

Son incríbles, conseguírono!!!

Maniobra Heimlich

Details

Maniobra de Heimlich

Descargar maniobar Heimlich.mp4 [8.09MB]
Details

Traballamos a meditación como dinámica de aula.

Facemos meditación guiada sempre despois do tempo de patio, para retomar a calma. Práctica habitual que prepara o cerebro para as últimas sesións: concentración, atención,...

meditacion.jpeg

Técnica de relaxación "Respiración da bolboreta"

Descargar as mariposa 6º relaxación.mp4 [24.5MB]
Details
Descargar meditacion 6º.mp4 [22.76MB]
Details

Presentación libro de Haikus

Descargar Presentacion haikus.mp4 [76.8MB]
Details

Ilustracións "Universo Inverso"

Details

VIDEOCONFERENCIA CO CIENTÍFICO ÁNGEL CARRACEDO

Grazas a Inma, titora de 5º do noso cole, puidemos ter o pracer de entrevistar e conversar con Ángel Carracedo. 

Ángel Carracedo Álvarez (Santa Comba, 1955) é o prototipo de científico humanista. Aúna na súa figura coñecemento e valores e exerce o seu liderado científico, que o levou a ser referente mundial en xenética forense e clínica, desde a humildade, a empatía e o entusiasmo. E tamén desde unha innata curiosidade que o levou a abrir novas fronteiras do coñecemento e a impulsar varias xeracións de investigadores repartidos por todo o planeta. Moitos deles, chegados de distintas partes do mundo, arroupárono este venres no seu nomeamento como doutor honoris causa pola Universidade Complutense de Madrid polos seus «extraordinarios méritos», xunto co neurólogo da Universidade de Harvard Eng O.

Foi un auténtico pracer compartir ese tempo con el!!!

MUSEO DA CIENCIA NO COLE

EXCURSIÓN AO MONTE VISO PARA POÑER O BROCHE FINAL AO PROXECTO "SERES DA MITOLOXÍA GALEGA"

INVESTIGAMOS CALES FORON OS ASTRÓNOMOS MÁIS IMPORTANTES DO MUNDO

Dinámica de expertos de aprendizaxe cooperativo

Details

Saída á Casa da Cultura de Bertamiráns para participar na actividade de Cinema Miúdo. Encantounos!

Details

Traballando cos titulares de prensa.

Atentas e atentos a como están redactados os titulares das noticias relacionadas coa violencia de xénero. Non sempre nos contan de xeito directo e claro (chamando ás cousas polo seu nome) a crúa realidade...

Dinámica de Educación Emocional

7efadd51-8c13-4e0a-a213-9b55752e37fe.jpg.1Con dúas mazas das mesmas características comprobamos simbólicamente como cambia o seu interior con un bo ou mal trato. 

Coa primeira das mazás diciámoslle cousas fermosa e tratabámola con agarimo.

Coa segunda mazá diciámoslle cousas negativas e pasabámola deixándoa caer no chan.

Ao remate da sesión puideron comprobar como aparentemente (por fóra) están case igual pero por dentro unha está perfecta e a outra destrozada. Isto relacionámolo co que lle dicimos despectivo a outras persoas e reflexionamos sobre a importancia das palabras que dicimos. 

 

Dinámica de cohesión grupal

Details

POÑÉMOSLLE FORMA AOS NOSOS MEDOS

Actividade internivel (5º e 6º de primaria) enmarcada dentro do proxecto "Seres mitolóxicos de Galicia" na que lle demos forma aos medos que conviven con nós (a través do debuxo e a escultura).

Incríble a creatividade do noso alumnado. Estamos rodeadas e rodeados de ARTISTAS!!!!!!

SEGUIREMOS BOTANDO MEDOS FÓRA!!!!!!!!!!!!!!!!!!

RECIBIMOS O PREMIO ATRÉVETE 2022/2023

Foi unha honra para min acompañar ao meu alumnado a recoller o merecido premio do concurso "Atrévete a ter unha idea" conovocado pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

O mérito teno a súa anterior titora Marta e todo o persoal do centro que apoiou e colaborou nesta iniciativa.

O recoñecido premio e pola creación da cooperativa Bapri. Unha cooperativa democrática que recadou fondos para fins solidarios.

Parabéns a todas e a todos polo traballo, polo premio e polo discurso que deron na entrega de premios.

Seguimos camiñando cara novos logros!!!!!

 

entrega premios.jpg

Descargar atrevetediscurso.mp4 [16.89MB]
Details

Visita de Susana Sánchez Aríns

Recibimos a visita da xornalista, profesora e escritora Susana Sánchez Aríns. Con ela abordamos a importancia de facer unha lectura crítica e reflexiva das noticias e dos seus titulares.

Traballamos para ser críticos á hora de ver como se enmascaran cercas temáticas en ditos titulares, espcialmente nas relacionadas coa violencia de xénero.

Agora toca estar atentos/as para chamarlle as cousas polo seu nome e ir máis aló do que se ve a simple vista. 

A seguir aprendendo!!!!

PROXECTO "COÑECER MUNDO"

O alumnado de 6º de Primaria traballa no proxecto "Coñecer mundo" para ter información e elixir a cidade a que viaxaremos na exursión de final de curso. 

Estamos investigando 6 cidades elixidas por consenso grupal:

- Berlín

- Venecia

- Roma

- Mallorca

- Barcelona 

- Lisboa

Cada grupo (aprendizaxe coopertativa) investigará sobre a ubicación da cidade, idioma, climatoloxía, lugares de interés, moeda, distancia, tipos de transporte, etc. Posteriormente elaborarán un traballo final (cartolina ou formato dixital) e expoñerano para o resto de compañeiros/as. Tamén proxectarán un vídeo sobre a cidade sobre a que tiveron que buscar información (ten que ter unha duración e formato concretos). Unha vez vistos todos os traballos elaboraranse trípticos de publicidade no espazo de polos creativos. Estos trípticos chegarán tamén as familias. Finalmente faremos unha votación final para elixir un destino final, afondar na información e comezar a montar a nosa VIAXE. 

Esta viaxe estase a traballar dentro do currículo e dándolle a importancia que ten para as persoas o coñecer outros lugares e outras culturas.

“Nuestro destino nunca es un lugar, sino una nueva forma de ver las cosas”. – Henry Miller

 

Dinámica de cooperativo "O reloxo das citas"

12 preguntas a resolver con 12 persoas diferentes nun tempo dado.

Aprendizaxe interactivo a través de actividades motivantes e dinámicas.

Unha imaxe

Traballando en 6º coas regletas

Coñecendo este estupendo material en 6º e vendo as súas posibilidades para as matemáticas. Gustounos moito e queremos repetir!!!

regletas 6º.JPG

regletas 6º 1.JPG

regletas 6º 2.JPG

 

Dinámica de cohesión grupal "A miña caixa de vida"

Dinámica de cohesión grupal "A miña caixa de vida"

Cada nena/o leva un ou dous obxectos que son moi siginificativos para ela ou para el.

Compartímos co restos das compañeiras/os cal é o motivo polo que son importantes.

Finalidade: coñecernos un pouco mellor e ir perdendo o medo a falar públicamente e a expresar emocións.

Foi unha preciosidade de sesión!!!!

 

 

4a9644f4-e162-4a96-aa36-aaa79360c0f2.jpg.7