RECOMENDACIÓNS VERÁN
Construímos un reloxo.
PDI: Barouta ao pé da noticia.
FACEMOS E PINTAMOS MEDALLAS PARA O DÍA DA PAZ
TRABALLAMOS A ÁRBORE XENEALÓXICA
TIPOS DE CASA, A NOSA CASA, O NOSO CUARTO ...
Co libro que nos trouxo Niki podemos profundizar nesta investigación e aproveitamos para construilas en plástilina.
COÑECENDO O NOSO CORPO POR DENTRO
Seguimos coñecendo o noso corpo.
MUSEO DA CIENCIA
Presentando as nosas propostas para o museo de tecnoloxia antiga e para seguir investigando do corpo.
COÑECEMOS O NOSO CORPO
Estamos a coñecer o noso corpo, os dedos das mans, as partes do corpo, o esqueleto, os sentidos...
Seguimos investigando
ACTIVIDADE "HOSPITAL DE OSIÑOS"
O luns levamos a cabo o alumnado de E.Infantil e 1º ciclo de E. Primaria a actividade "HOSPITAL DE OSIÑOS".
Un grupo de alumnado da USC, estudiantes de medicina, converteron algúns espazos do colexio nun centro de saúde co obxetivo de achegar a figura da médica as crianzas máis pequenas, o coidado do corpo e hábitos de saúde á súa vida cotiá.
Foi unha xornada moi lúdica.
UNHA AULA DE MEDO
Coa chegada do Samaín aproveitamos para profundizar no traballo da emoción primaria, O MEDO. Colaboramos para o museo do medo traballando esta emoción: os nosos medos, que pasa no noso corpo cando sentimos esta emoción e convertimonos en pequenos monstros.
No seguinte vídeo tedes unha pequena mostra.
SOMOS A ECOPATRULLA DE BAROUTA
Aquí podedes ver un anuncio da importancia das 4 ERRES.
VISITA PUNTO LIMPO MÓBIL
Visita do punto limpo móbil para o alumnado de 1°ciclo, que son a ecopatrulla do cole. Explicoulles como se recicla, a onde van, que fan logo no punto limpo fixo, onde está... (coa colaboración do Concello)
Aproveitamos para meter cartuchos e pilas que tiñamos.
AULA MIXTA DE 1º, 2º E 3º
Traballamos a composición e descomposición de números nas súas tres fases, manipulativo, gráfico e simbólico. Noutra proposta traballamos a xeométria co xeoplano, concepto de segmento, tipos de liñas, construimos figuras como cadrado, rectangulo, triángulo e chagamos o exagono. Na outra proposta traballamos a fotografía dende ás matemáticas. A regra dos 3/4:onde debe ir o máis importante da foto? Medimos, repartimos os centimétros en 3 grupos iguais, fixemos rectas e ... Atopamos os 4 puntos nos que debemos colocar o importante da imaxe.
CIRCUÍTO MATEMÁTICO.
Comezamos cos circuítos matematicos a través do traballo con diferentes actidades, dende os dados ata as regletas pasando polo tangram.
MATEMÁTICAS MANIPULATIVAS
Traballando coas matemáticas de xeito manipulativo a través dun circuíto facendo diferentes actividades.
PUNTO LIMPO DE AULA
Preme nas seguintes imaxes para ver os vídeos.