PARABÉNS!

Póster Descolorido Libros Película Romántica.gif

Xesús Fraga - Premio Nacional de Narrativa

Dende o CEIP Plurilingüe Barrié de la Maza queremos felicitar ao escritor e xornalista Xesús Fraga (Londres, 1971) gañador do Premio Nacional de Narrativa 2021 pola novela Virtudes (e misterios).

O xurado do galardón do Ministerio de Cultura e Deporte escolleu a súa última novela “por mostrar cunha prosa moi coidada, no fondo e na forma, a historia de dúas xeracións de mulleres valentes dunha familia en tempos hostís e profundar nun relato sobre a emigración galega en Inglaterra e América”.


É o cuarto premio nacional de narrativa que recibe unha obra escrita en galego.
Os nosos parabéns Xesús Fraga!