Xela Arias.jpeg

Este ano 2021 dedicamos o Día das Letras Galegas á escritora, poeta e tradutora Xela Arias. Nesta páxina podes atopar múltiples recursos para traballar en torno a esta figura.

xogo preguntas.jpg

Atrévete a demostrar canto sabes sobre Xela Arias con este xogo de preguntas que propoñemos. PISTA: Podes axudarte dos recursos deste blog para atopar as respostas! Busca sobre todo no apartado de "vida e obra".

vida e obra Xela.jpg

recursos primavera das letras.jpg

Nesta páxina coñeceredes á protagonista deste ano das Letras Galegas a través dunha chea de actividades descargables, imprimibles e interactivas.

foto genially UUDD.jpg

A través desta imaxe tes acceso a un genially que recolle unidades didácticas sobre a autora homenaxeada, adaptadas aos distintos niveis educativos e elaboradas polo Seminario Galán.

a palabra esgazada.jpg

Facendo clic na imaxe accederás á páxina web da Real Academia Galega, que nos presenta unha serie documental de Xela Arias a través de seis episodios.

vídeo Xela.jpg

Accede, a través da imaxe, a un breve vídeo sobre a vida de Xela Arias elaborado polo CEIP Juan Rey.

música para Xela.jpg

Neste genially ofrecemos unha recompilación de cancións que diversos artistas crearon específicamente para homenaxear a Xela Arias.

Aquela nena de Sarria.jpg

O Concello de Sarria, en colaboración con outras entidades ofrécenos estas infografías para aprender moitas cousas sobre a vida da autora homenaxeada.

vídeo Cole San Pío X.jpg

A través da imaxe accederás a un breve repaso da vida e obra de Xela Arias recollido nun vídeo elaborado polo Colexio San Pío X, en colaboración co Seminario Galán e o ilustrador Carlos Gallego Domínguez.