Padlet 25N
Facendo clic na imaxe accederedes a unha páxina cunha serie de curtametraxes sobre a violencia de xénero e todo o que hai detrás desta (maltrato sutil, micromachismos, masculinidades alternativas, estereotipos, etc.). A idea é reflexionar sobre cada unha delas e a mensaxe que se pretende transmitir.
Recomendacións de lecturas 25N
Facendo clic nesta imaxe accederás a unha páxina do blog da Biblioteca Escolar (Bibliorrato Xalleiro), onde se recollen recomendacións de lecturas sobre a temática do Día Internacional contra a violencia de xénero, adaptadas ás distintas idades. Non dubides en mirar todos os títulos e facer a túa petición para poder consultalos na aula.
Dálle a volta ao conto: Amnesia (conto escrito polo mestre Fernando Pintos)
Conto "La mitad de Juan"
"Os nenos non choran", "Onde vas con esa camiseta rosa?", "Juan é unha nena porque non xoga ao fútbol". Juan ten que escoitar diariamente estas mensaxes porque el prefire xogar con bonetas ou pintar con plateado. Cando Juan decide deixar de facer cousas de nena, por que é como se lle faltase a metade de si mesmo?
Fai clic na imaxe para descubrir este marabilloso conto e párate a reflexionar se nalgún momento ti tamén dixeches algunha destas frases.
Microrrelatos narRADIOs
Recursos para a igualdade
A través desta imaxe tedes acceso a unha páxina con recursos que elaborou a Comisión de Convivencia do CEIP Plurilingüe Barrié de la Maza. Actividades de igualdade para Educación Infantil e Primaria, diversos vídeos para reflexionar sobre a mensaxe que pretenden transmitir, indicacións para detectar o sexismo na publicidade, libros para o traballo en igualdade ou recomendacións para unha linguaxe non discriminatoria son contidos que atoparás nesta páxina.
150 cancións para traballar a prevención da violencia de xénero
Mensaxe de LEGO ás familias en 1973
«Aos pais: a urxencia de crear é igualmente forte en todos os nenos. Nenos e nenas. É a imaxinación a que conta. Non a capacidade. Podes construír o que sexa que veña á túa cabeza, da forma que queiras. Unha cama ou un camión. Unha casa de bonecas ou unha nave espacial.
A moitos nenos gústalles as casas de bonecas. Son moito máis humanas que as naves espaciais. Moitas nenas prefiren naves espaciais. Son máis excitantes que as casas de bonetas.
O máis importante de todo é poñer o material adecuado nas súas mans e deixalos crear o que a eles e elas lles pareza.»