No CEIP Plurilingüe Barrié de la Maza contamos cunha mostra-exposición de viñetas de D. Antonio Tomé Taboada. Foi médico rural en Santa Comba, humorista, caricaturista e dibuxante.
A maior parte das súas viñetas tiñan dúas características especiais. Dunha banda caricaturizaban a veciños reais de Santa Comba, e a pacientes da súa consulta, ademáis de persoeiros famosos. Doutra banda, estaban escritas totalmente en galego, nunha época de goberno dictatorial donde a imposición era o castelán.
Nesta galería podedes ver as mostras que recollemos no noso centro.
Updated on 25 January 2023, 11:09 AM; 775 visitas á páxina desde 22 October 2020 ata 17 November 2025